GALICIA
Os fondos de resiliencia para a administración de xustiza para a mellora do servizo
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou nunha reunión extraordinaria da Conferencia Sectorial de Xustiza co Ministerio e o resto de comunidades autónomas
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou nunha reunión extraordinaria da Conferencia Sectorial de Xustiza, onde se abordou o acordo dos criterios de reparto de fondos do Ministerio destinados á xustiza no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e que a Xunta dedicará a parte que lle corresponde a actuacións de mellora do servizo.
Na xuntanza, presidida polo Secretario de Estado de Xustiza, Pablo Zapatero, con representantes das comunidades autónomas con competencias na Administración de Xustiza, o Goberno central avanzou as cantidades deste Fondo de Resiliencia para a Administración de Xustiza que recibirán as comunidades e que no caso de Galicia supón 1,5 millóns de euros.
A Xunta aposta por seguir traballando na modernización e adaptación da Administración da Xustiza aos efectos da covid-19 e que estes fondos se destinen a poñer en marcha servizos en materia dixital nas actuacións xudiciais que faciliten o contacto coa cidadanía a través de recursos como os xuízos telemáticos, a atención ao cidadán mediante cita previa ou, incluso, a través do sistema de videoconferencia, ademais do teletraballo dos funcionarios.
O Goberno galego aposta ademais por un modelo federado que permita cruzar sistemas de información entre as distintas administracións para extraer información relevante de cargas de traballo, utilización de aplicación ou persoas que están teletraballando, así como outros proxectos conxuntos sobre sistemas de información compartidos entre a Xunta e o Ministerio, como é o caso de Lexnet, Minerva e Fortuny.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217