Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 02 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta concede a Mos un novo Plan Hurbe para a Urbanización de San Eleuterio

O orzamento total da obra ascende a 90.000 euros dos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70%

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a deputada autonómica da parroquia de Tameiga no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez, visitaron fai uns días a Urbanización de San Eleuterio e anunciaron que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos un Plan Hurbe para acometer o proxecto de mellora da Urbanización de San Eleuterio.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, entre os que se atopa o de Mos.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado mércores 28 de abril a resolución pola que se anuncia a concesión destas axudas destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

 

Esta liña de subvencións, impulsada polo Goberno galego, ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.

 

A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio equivale ao 70% do custo total da actuación.

 

As obras de Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen finalidade de renovar fundamentalmente beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. As obras previstas abarcan os conceptos de demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano.

 

O prazo de execución que se propón é de 2 meses. E o orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros.

 

Pola súa banda os representantes municipais destacan o obxectivo do Goberno local mosense de avanzar no Plan Mos humanizado, no que esta mellora suporá un paso máis. “Seguimos avanzando na nosa folla de ruta neste senso. A devandita folla de ruta marca como un dos principais obxectivos da administración local construír o Mos das persoas, con espazos e infraestruturas habilitados para o uso e desfrute da veciñanza”, salientaron.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aposta por manter liñas de colaboración directa cos concellos para facilitarlles a execución de proxectos en materia urbanística e actuacións dedicadas tanto a crear ou recuperar equipamentos municipais, como a acadar a posta en valor das contornas urbanas.

 

O Plan Hurbe é un programa posto en marcha en 2010 pola Xunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.