GALICIA
A Xunta mantén unha xuntanza coa Delegación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local para coordinar o proceso de vacinación
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitaron a máxima coordinación entre as Administracións e os corpos de seguridade para que todo discorra coa maior fluidez e rapidez
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade,Julio García Comesaña mantiveron onte unha xuntanza coa Delegación do Goberno e os representantes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local para coordinar o proceso de vacinación masiva que dará comezo mañá nas sete grandes cidades.
Segundo indicou Alfonso Rueda, nestes momentos é prioritaria a máxima coordinación entre as Administracións e os corpos de seguridade para que todo discorra coa maior fluidez e rapidez posible, unha vez se vaian recibindo as vacinas, para poder vacinar ao maior número de cidadáns no menor tempo posible.
Desta maneira, ante a chegada dun número importante de vacinas, a Xunta traballa na programación da vacinación masiva en grandes espazos, xa que o importante é seguir avanzando no proceso de vacinación, polo que mañá haberá un proceso masivo de vacinación nos 14 centros habilitados.
Os representantes autonómicos avanzaron que se prevé a chegada dun número importante de vacinas polo que mañá haberá un proceso masivo de vacinación nos 14 centros habilitados
Alfonso Rueda sinalou que “temos a capacidade para vacinar e cando teñamos as doses, vacinar rápido é o obxectivo”. Ademais agradeceu a colaboración que, segundo dixo vai ser fundamental, “hai vacinas, está todo perfectamente planificado e hai uns corpos de seguridade e os concellos colaborando, o que é fundamental”.
O conselleiro de Sanidade, aproveitou para agradecer o traballo e colaboración das forzas de seguridade do Estado para garantir a seguridade, tanto das persoas que acuden aos grandes recintos a vacinarse, coma dos equipos de enfermería que administran as doses. Julio García Comesaña destacou que esta semana está previsto vacinar a 240.000 persoas, dando así un chanzo importante no Plan Galego de Vacinación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217