Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Adxudicado o proxecto de mellora da seguridade viaria na EP–2204 Sabaris-Belesar

As actuacións terán un custo de preto de medio millón de euros e grazas a elas Baiona verá renovado o firme dunha das súas zonas máis transitadas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou na súa última sesión as obras de reposición do firme da EP-2204 Sabarís-Belesar, no concello de Baiona, por máis de 476.000 euros. Con esta actuación, o ente provincial volve a poñer de manifesto o seu compromiso cunha mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria no conxunto de estradas provinciais.

 

As obras levaranse a cabo durante aproximadamente catro meses. Neste tempo as e os operarios realizarán traballos ao longo de 6,3 quilómetros da estrada, situada nunha das zonas máis poboadas do concello de Baiona. As actuacións comprenden a reposición do firme na totalidade da estrada, a instalación de catro redutores de velocidade, a modificación da sinalización vertical existente e a renovación da sinalización horizontal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.