Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Lunes, 03 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A nenez de Xela Arias protagoniza a mostra itinerante que estes días se pode visitar en Tui

O anexo da Sala Municipal de Exposición acolle este proxecto do colectivo Egeria até o sábado

Até o sábado pode visitarse no anexo da Sala Municipal, na Área Panorámica a mostra “Aquela nena de Sarria”.  Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron a mostra xunto ao presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.


Precisamente esta exposición é un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.


Doce paneis recollen os primeiros anos da vida de Xela Arias, a súa vinculación co rural e co noso idioma.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, agradecía ao colectivo Egeria que a exposición se poida ver en Tui, e convidaba á veciñanza a achegarse “porque é unha exposición sumamente interesante sobre os seis primeiros anos de Xela Arias, que nos identifica e nos traslada a outro territorio coma é o rural lucense”. Engadía que se trata “dunha magnífica ocasión para seguir aprendendo e vivindo a cultura de Galicia”.


O presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, explicana coma os tres anos que Xela Arias viviu en Sarria a marcaron tan fortemente que sempre volvía ao seu pobo, e logo faríao tamén co seu fillo. Unha relación que queda reflectida nas fotografías que forman parte da mostra, parte procedentes do álbum familiar. Unhas fotografías que logo foron o punto de partida dunha serie de debuxos realizados pola pintora lucense Sabela Arias, que “complementan á propia fotografía”. Recolle tamén a traxectoria dende “Xeliña fala galego” até chegar o momento actual “onde un conxunto de mulleres, ‘Elas’, seguidoras ou compañeiras de viaxe de Xela nos ofrecen precisamente poemas na súa honra”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.