Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 10 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
OIA

O Concello de Oia mostra as súas pinturas murais a través de rutas guiadas

Serán o sábado 15 de maio e o domingo 20 de xuño ás 12.00 e ás 16.30 horas. As visitas requiren inscrición previa

[Img #69169]As diversas obras de pintura mural coas que, ao longo dos últimos anos, se teñen ido embelecendo distintos espazos públicos de Oia son as protagonistas dunha serie de rutas turísticas que se desenvolverán os próximos 15 de maio e 20 de xuño, organizadas polo Concello de Oia. O itinerario afonda sobre os detalles destas orixinais e coloridas mostras de arte urbana, elaboradas polo artista venezolano Flix, e tamén na historia local.

 

A programación destas visitas guiadas de arte urbana e historia en Oia celebraranse seguindo as restricións derivadas da situación da COVID-19. Tanto o sábado 15 de abril como o domingo 20 de xuño haberá dispoñibles dous horarios: as 12.00 e as 16.30 horas.

 

O itinerario da ruta incluirá os dous murais de Flix na rúa Párroco Claudio Rodal Fandiño (a baixada ao Mosteiro), as pinturas exteriores e interiores no CEIP Mestre Manuel García e a das gradas do campo de fútbol municipal.

 

As visitas requiren reserva previa e serán desenvolvidas polo guía oficial especializado Borja Concheiro. Para máis información e realizar as reservas pódese consultar a seguinte web: https://www.vigoturistico.com/primera-ruta-de-arte-urbano-concello-de-oia/   

 

Pintura mural en Oia

Entre 2017 e 2020 a colaboración entre o Concello de Oia, o artista Flix, o colectivo ProxectoEwa e Pinturas Proa tense materializado na realización dun total de 6 pinturas murais en diferentes puntos da localidade: dúas na baixada ao Mosteiro (nas bases da ponte sobre a que pasa a estrada xeral PO-552), outras dúas no colexio Mestre Manuel García, unha no campo de fútbol municipal e outra no lugar de Torroña.

 

A vontade do Concello de Oia é a de continuar esta frutífera colaboración artística, á fin de seguir embelecendo o municipio a través das orixinais e coloridas creacións de Flix.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.