Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 13:39:04 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O concello da Guarda inviste no futuro da piscina municipal

O concello da Guarda redacta un proxecto para acometer nas instalacións da Piscina Municipal as obras de renovación máis necesarias e urxentes

O xoves día 6 de maio de 2021, celebrouse no Salón de plenos unha sesión plenaria de carácter extraordinaria cun punto único sobre a “análise da situación real e actual da adxudicataria Transgalaica, S.L. en relación ao servicio da piscina municipal de A Guarda, así como as solucións inmediatas a adoptar para a continuación do servicio municipal na piscina municipal.

 

Neste senso o concello da Guarda está colaborando coa concesionaria da Piscina municipal a través de varias modificacións contractuais que se realizan no marco  da necesidade de adoptar medidas urxentes e extraordinarias  para facer fronte ao impacto económico  do COVID 19 e garantir a continuidade do servizo ante a dificultade do concesionario da execución do contrato. Así se celebraron dúas modificacións do contrato inicial da concesionaria da Piscina municipal, modificacións  que contaron coa unanimidade de todos os grupos políticos da corporación. Nestas modificacións acordouse unha redución do horario de 10 horas semanais, tamén se acordou a anulación do canón do 13% en consumos enerxéticos (ata agora ese canón repercutía na concesionaria) e a asunción polo concello dos gastos COVID 19  orixinados polo protocolo que houbo que implantar na Piscina. Ademais o concello da Guarda  propúxolle á concesionaria da Piscina Municipal, para paliar as consecuencias negativas  froito do COVID 19, unha ampliación do contrato de concesión por un prazo de 2 anos, esta proposta foi rexeitada pola concesionaria.

 

 

 

 

O concello adxudicará a redacción dun segundo proxecto para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e envolvente  da Piscina Municipal

 

 

 

 

Paralelamente o concello da Guarda ven traballando  en proxectos cara a consecución da continuidade  do servizo da Piscina municipal, servizo que conta cunha gran aceptación tanto polos veciños e veciñas da localidade como da comarca, máis do 30% dos usuarios son de Oia o Rosal ou Goian. Así o equipo de goberno, encabezado por Antonio Lomba,  contratou en  febreiro unha auditoría do estado da Piscina municipal. Despois de reunións coa empresa redactora da auditoría o concello acordou encargar dous proxectos, o  primeiro para facer fronte ás necesidades máis urxentes e subsanar, no prazo de tempo  máis curto  posible, deficiencias que presenta a Piscina Municipal. Unha vez recepcionado e cando se teña  coñecemento  do importe que acada o mesmo, o alcalde, Antonio Lomba, levará ao Plenario un suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería positivo do 2020 para poder acometer as obras con recursos propios. Pero ademais xa están pedidos orzamentos para poder encargar a redacción dun segundo proxecto, máis ambicioso, que acometa a mellora  da eficiencia enerxética das instalacións e da envolvente da Piscina Municipal. Para este  proxecto  buscarase  a colaboración dos  próximos fondos europeos, Next Generation.

 

E nas últimas semanas a concesionaria municipal presentou a solicitude de reequilibrio económico, ante esta solicitude o alcalde pediu  informes aos departamentos de Secretaría e Intervención do concello da Guarda para  o seu análise, estudio e proposta.  No día 14 de abril se enviou resolución á concesionaria para que aportase máis documentación, esta documentación foi presentada no concello da Guarda o  día 23 de abril. A intención do equipo de goberno é que, unha vez realizados os traballos técnicos, a proposta definitiva sexa  obxecto dun acordo plenario, tendo sempre como obxectivo a continuidade na prestación do servizo na Piscina Municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.