Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 10 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A feira forestal Galiforest Abanca retoma as súas datas habituais

Así o decidiu o seu comité organizador, o cal se reuniu por videoconferencia con asistencia de representantes dunha veintena de empresas e entidades do sector

A sexta edición do monográfico forestal  Galiforest Abanca será finalmente do 23 ao 25 de xuño de 2022. Así o decidiu  o seu Comité Organizador nunha reunión celebrada por videoconferencia na que participaron representantes dunha vintena de empresas e entidades do sector forestal, os cales estiveron acompañados por José Ignacio Lema Piñeiro, director da  Axencia  Galega da Industria Forestal (XERA) e Ramón Lamelo Otero, xefe da área de promoción da  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

 

O certame, aprazado en 2020 debido á crise xerada pola COVID-19, estaba previsto do 8 ao 10 de xullo deste ano. Sen embargo, o seu Comité Organizador avaliou hoxe  distintos aspectos que o levaron a trasladala a 2022. Así, moitas empresas do sector consideran que a día de hoxe segue existindo  incerteza respecto á situación sanitaria derivada da COVID-19. Unha valoración que en moitos casos supón que teñan decidido restrinxir ou descartar a asistencia este ano a calquera tipo de evento, o que podería afectar á exposición do certame tanto dende o punto de vista cualitativo como cuantitativo. Así mesmo, distintas firmas fabricantes manifestaron que están a ter dificultades en canto á subministración de materias primas, o que complicaría ou imposibilitaría a fabricación de determinada maquinaria para presentar na feira.

 

Por todo iso,  Galiforest Abanca atrásase e sitúase nas súas datas naturais, as cales foron desde os seus inicios en anos pares e entre os meses de xuño e xullo. Quérese así garantir a súa excelente progresión, a cal se traduciu na súa última edición, a maior e máis internacional ata o momento, na participación de 254 firmas expositoras, un 40% máis que na anterior convocatoria, e en 76 expositores directos, un 33% máis. Entre estes últimos triplicouse o número de empresas estranxeiras, o que permitiu que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo lle concedera á feira o selo de  internacionalidade a efectos aduaneiros. En total os expositores ocuparon 11.875 metros cadrados netos, un 24% máis, e foron visitados por 5.600 profesionais do sector.

 

Unha evolución que converteu a Galiforest Abanca nun referente para empresas, institucións e profesionais do mundo forestal e que o seu Comité Organizador pretende que non se vexa condicionada por aspectos derivados da COVID-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.