PROVINCIA
A Xunta apoia os gastos de funcionamento de 21 agrupacións de Protección Civil da provincia
As achegas benefician a catro agrupacións da bisbarra de Pontevedra, seis de Caldas, cinco do Salnés, tres do Deza e outras tantas do Baixo Miño
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a resolución da orde de axudas destinada a financiar os gastos das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios, ás que a Xunta destina un orzamento de 340.000 euros. No caso da área territorial de Pontevedra, as achegas supoñen preto de 35.000 euros a prol de 21 entidades.
A distribución destas axudas beneficia a catro agrupacións da comarca de Pontevedra, que son Barro (964€), Cerdedo-Cotobade (2.682€), Marín (1.963€) e Poio (2.168€); e a seis da bisbarra de Caldas, que se reparten entre Caldas de Reis (2.198€), Catoira (1.256€), Cuntis (1.838€), Moraña (1.383€), Portas (1.914€) e Valga (1.488€).
No caso do Salnés, as cinco entidades beneficiarias son Cambados (1.223€), Meis (1.580€), Ribadumia (1.089€), Vilagarcía de Arousa (1.814€) e Vilanova de Arousa (1.857€).
Tamén veñen de aprobarse achegas para tres entidades da comarca do Deza, que son Agolada (1.035€), Lalín (1.981€) e Vila de Cruces (1.084€), e outras tantas do Baixo Miño con axudas para O Rosal (1.652€), Tomiño (2.314€) e Tui (2.057€).
O DOG publica resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de entidades de case 190 concellos galegos de menos de 50.000 habitantes
Tipoloxía dos gastos subvencionables
As achegas do Goberno galego permitirán apoiar a un total de 188 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comunidade. No que respecta ás demais provincias, 61 asociacións da Coruña recibirán axudas por valor de case 115.700 euros; en Lugo, serán 33 agrupacións, cun orzamento de máis de 54.800 euros; e en Ourense, hai 64 beneficiarias grazas a un financiamento duns 113.600 euros.
As axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións.
Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencias dos concellos de menos de 50.000 habitantes, a través da que o ano pasado se concederon 932.400 euros a 87 municipios galegos e 2 mancomunidades. Entre o material cedido inclúense 12 remolques de emerxencias, 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle), 4 embarcacións pneumáticas, 12 coitelas para retirada de neve e 12 esparexedores de sal.
O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC na comunidade e tamén dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) supón case 20 millóns de euros. Ademais, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), os voluntarios destas agrupacións e os profesionais dos distintos servizos de emerxencias reciben formación neste eido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58