Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas presentou o proxecto CON_CIENCIA_TEA

O Centro de Interpretación do río Tea (CITEA) acolleu unha mesa redonda que serviu como presentación do proxecto CON_CIENCIA_TEA, posto en marcha pola concellaría de Medio Ambiente de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo.


O obxectivo principal desta xornada foi dar a coñecer nos distintos ámbitos implicados o proxecto CON_CIENCIA_TEA, unha iniciativa de ciencia cidadá cuxo obxectivo principal é mellorar o coñecemento da Rede Natura 2000 e do hábitat prioritario para a conservación do bosque de ribeira na ZEC Río Tea, así como as especies autóctonas cun grao maior de ameaza, en especial os morcegos forestais, os narcisos endémicos e as especies de libeliñas que teñen no río Tea algunhas das súas escasas poboacións.


Neste encontro presentouse o traballo de investigación do biólogo Hugo Martínez Cordeiro, realizado sobre os mamíferos do río Tea en base ao fototrampeo. Ademais, as e os participantes visitaron os novos paneis interpretativos interactivos da senda fluvial que vai dende o CITEA ata a Praia Fluvial das Pías, que tratan a importancia dos bosque de ribeira e das principais especies de narcisos, morcegos e libeliñas do espazo natural.

Estes traballos teñen sido desenvolvidos pola empresa especializada Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental.


As accións que se desenvolven en torno a este proxecto, financiado con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, buscan a participación da cidadanía para a divulgación e conservación do medio natural vinculado ao río Tea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.