SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta inviste no centro urbano de Salvaterra de Miño 500.000€
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa, Marta Valcárcel, asinaron esta semana o convenio para reordenar o viario municipal e abrir a rúa Galicia
A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán para dotar o centro urbano dunha nova rúa que mellorará as conexións na vila e a mobilidade dos veciños, grazas a un investimento autonómico de 500.000 €.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, asinaron esta semanae o convenio para reordenar e completar o viario municipal, que se estrutura a través de rúas que coinciden con treitos de estradas da Xunta.
Vázquez Mourelle apuntou que algúns deses treitos, como os das estradas PO-400 e PO-409, xa foron transferidos anteriormente á entidade local para a súa xestión como vías urbanas. Agora, coa fin de acadar un funcionamento da rede viaria máis acorde ás necesidades do municipio, o Concello e a Xunta acordan completar esas transferencias de vías.
Así o convenio de colaboración asinado hoxe recolle o cambio de titularidade a favor do Concello de, entre outras, a totalidade das vías autonómicas PO-420 (Taboexa-Vilacova), PO-430, que vai a Leirado, a PO-432 (Salvaterra-Río Miño) e PO-433, que vai a Cabreira.
Habilitarase unha nova vía para o tráfico rodado, urbanizada tamén para o tránsito peonil, entre as rúas Curros Enríquez e Castelao
Ademais, e coa finalidade de acadar unha mellor ordenación e mobilidade no centro de Salvaterra de Miño, o acordo recolle a colaboración entre a Xunta e o Concello para proceder á apertura e a urbanización dunha nova rúa, partindo da PO-432, a rúa Galicia.
Explicou que esta vía se abrirá ao tráfico rodado e ao tránsito peonil entre as rúas Curros Enríquez e Castelao e para a súa execución será necesaria a expropiación dalgún terreo, cuxo custo asumirá a Xunta e xestionará o Concello.
A conselleira precisou que as obras inclúen o movemento de terras, a demolición de pequenas estruturas situadas na traza e a instalación das canalizacións dos servizos de abastecemento, saneamento, iluminación e telecomunicacións. Unha vez realizadas as acometidas, pavimentarase a vía e as beirarrúas, rematando os traballos coa urbanización e humanización da rúa, coa colocación de mobiliario urbano e arborado.
No marco do convenio, a Xunta asume o custo total das actuacións e o Concello levará a cabo as expropiacións dos terreos, encargarase dos documentos técnicos e da contratación e execución das obras.
Ethel Vázquez puxo en valor a colaboración do Goberno galego coas infraestruturas de Salvaterra de Miño, onde recentemente rematou a execución dunha senda de case 1,5 quilómetros entre o centro urbano e Zacoteiras, dando acceso á zona termal da localidade. Esta actuación, que supuxo un investimento autonómico de 682.000 euros, completouse co acondicionamento da rúa Rosalía de Castro.
Ademais, a conselleira avanzou que este ano a Xunta investirá 1 millón de euros nos traballos de reforzo de firme das estradas PO-510 e PO-400 ao seu paso polos municipios do Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra, que comezarán a finais do verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217