Galicia
O Tribunal Supremo dá a razón a Galicia na súa reclamación do IVE
A Xunta vén de coñecer hoxe a sentenza do Tribunal Supremo que da a razón a Galicia na súa reclamación da mensualidade do IVE correspondente ao mes de decembro de 2017.
A sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo recoñece o dereito a que Galicia sexa compensada pola mensualidade do IVE que non ingresou o Goberno central. O Executivo autonómico reclámalle 204 millóns de euros por este concepto.
O Goberno galego acolle con satisfacción esta sentenza, que recoñece que unha vez máis Galicia tiña razón e que as galegas e galegos gañan porque recuperan uns cartos que aboaron todos os cidadáns, e que polo tanto son seus.
A Xunta actuou sempre coa máxima lealdade institucional e por iso Galicia foi a primeira Comunidade en advertir desta situación en xullo de 2018 e reclamar os 204 millóns de euros correspondentes ás mensualidade do IVE de 2017.
O Executivo galego reclamou de maneira reiterada ao Goberno central que fixese este abono, tal e como acreditan os feitos probados na sentenza. Neste sentido, a Xunta esixiu en varias ocasións unha solución nos Consejos de Política Fiscal y Financiera (CPFF), e reclamouno por carta á Ministra de Hacienda. Ademais, elaborou informes xurídicos que facilitaban unha solución; esixiu coñecer os informes xurídicos nos que o Estado apoiaba a súa posición e aportoulle os seus; mesmo redactou unha proposta normativa para solucionar esta cuestión que foi remitida ao Goberno e que non foi tomada en consideración; e tamén impulsou a aprobación de resolucións no Parlamento de Galicia en apoio a esta reclamación.
Agora a sentenza do Tribunal Supremo acredita que o Goberno central vulnerou o dereito á autonomía financeira da nosa comunidade, que esa actuación orixinou un quebranto económico á facenda autonómica, e que dese xeito se produciu un enriquecemento indebido para a Administración do Estado.
A Xunta exercerá as accións necesarias para que a compensación recoñecida pola sentenza se faga efectiva no prazo máis breve posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217