Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 16 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta reforza o equipamento do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo cun novo camión

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta semana dun vehículo bomba rural lixeira destinado a intervencións en incendios e labores de salvamento

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entregaesta semana dun novo camión para o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo, para intervir en incendios e labores de salvamento en zonas ás que non poden acceder outros vehículos de maior tamaño.

 

O camión conta cunha cisterna de 1.100 litros, o que supón unha cantidade de auga suficiente para afrontar unha primeira intervención nun lume urbano. Á entrega tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

 

A Xunta adquiriu este vehículo tipo bomba rural lixeira (BUL) por 150.000 euros, no marco dun investimento de 600.000 euros para reforzar o equipamento de varios grupos mediante a compra de 4 vehículos: un para o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo, 2 para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Estrada/Lalín, cun camión para os efectivos de cada unha das sedes, e outro para o novo servizo municipal de Noia creado este ano.

 

Alfonso Rueda reafirmou o compromiso da Xunta para apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade na dotación de equipamento para contar con profesionais ben equipados que poidan facer fronte a incidencias como o incendio industrial da pasada fin de semana na fábrica de Jealsa de Boiro, á que se trasladaron efectivos de tódalas partes –parques de bombeiros, GES, así como servizos e agrupacións de Protección Civil- mobilizados e coordinados polo 112 Galicia e que colaboraron no control do lume.

 

 

 

 

Alfonso Rueda destacou a importancia de contar con efectivos ben equipados para facer fronte a situacións como o incendio da factoría de Jealsa en Boiro a pasada fin de semana no que interviron servizos de todas partes, entre eles o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo

 

 

 

 

Por iso, o vicepresidente primeiro da Xunta agradeceu a implicación destes efectivos para velar pola seguridade dos cidadáns e incidiu na necesidade de reforzar o seu equipamento co obxectivo de levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións. Nesta liña, o Goberno galego leva investidos case 20 millóns de euros en material cedido aos concellos galegos nas intervencións dos GES e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

 

Con este novo vehículo, o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo reforza o seu equipamento para dar cobertura ao concello e aos municipios de Meaño, Poio e O Grove, aos que tamén dá cobertura, ademais de desprazarse a incidencias onde se require a súa colaboración como a pasada fin de semana en Boiro.

 

Trátase dun dos 4 servizos municipais da emerxencias da comunidade, que xunto con outros 29 GES atenden a un total de 190 concellos. O mapa de emerxencias da comunidade ampliouse e mellorouse este ano para reducir tempos de resposta coa creación de 6 novos servizos propostos pola Xunta e cuxa posta en marcha se aprobou na Comisión de Seguimento dos GES, da que forman parte o Goberno galego, as deputacións provinciais e os concellos a través da Fegamp.

 

Así Galicia conta con 3 novos GES na provincia de Pontevedra –A Cañiza, A Lama e Mos/Redondela-, outros 2 en Ourense –Maceda e A Veiga- e o servizo municipal con base no concello coruñés de Noia. A Xunta colabora no financiamento destes grupos, pese a tratarse dunha competencia de concellos e deputacións, cun investimento de 4,8 millóns de euros este ano, máis da metade do seu custo total, polo que solicita tamén a implicación do resto de administracións na dotación de equipamento dos servizos de emerxencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.