Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 17 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos homenaxea a Patricia Martínez polos seus 17 títulos de Campioa de España

Acudiu ao acto acompañada sa súa parella de baile, Jacopo Casotto, co que logrou sendas medallas de ouro nas categorías de Standard e Latinos o pasado mes de marzo en Benidorm

A semana pasada celebrouse no Concello de Mos a recepción á bailarina mosense, Patricia Martínez. Patricia é 17 veces Campioa de España de Baile Deportivo e a fin de semana do 20 e o 21 de marzo erixiuse CAMPIOA DE ESPAÑA PROFESIONAL STANDARD E LATINOS 2020.

 

Asistiron ao acto de recepción, Patricia Martínez e a súa parella de baile, Jacopo Casotto, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, José Areal, concelleiro de Deportes do Concello de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Turismo, Política Social e de Igualdade e demais membros do goberno local e da Corporación Municipal mosense.

 

Patricia Martínez e a súa parella de baile, Jacopo Casotto, conseguiron a fin de semana do 20 e o 21 de marzo en La Nucía, Benidorm, un novo título de CAMPIÓNS DE ESPAÑA PROFESIONAL STANDARD E LATINOS 2020.

 

Con estes dous, Patricia suma xa 17 títulos de Campioa de España de Baile Deportivo: 14 en categoría Amateur e os 3 últimos en categoría Profesional.

 

No Campionato de España Profesional 2020 acadou o ouro tanto na modalidade de STANDARD como na de LATINOS.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.