Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 15 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos organiza nos colexios un obradoiro de poesía homenaxe a Xela Arias

Foi impartido o pasado venres ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria por Miguel A. Alonso Diz

O alumnado de 6º curso de Primaria dos colexios mosenses de Petelos e Atín recibiu esta semana un obradoiro de poesía en homenaxe a Xela Arias organizado polo Concello de Mos, concretamente pola concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro.

 

A actividade, que se ofreceu aos CEIPs mosenses con motivo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro luns, 17 de maio, consiste nun taller de poesía. Elixiuse a vertente literaria poética para este obradoiro didáctico xa que Xela Arias, a autora homenaxeada este ano, era poeta.

 

O devandito taller foi impartido por Miguel A. Alonso Diz, que xa realizara un obradoiro municipal previo, de creación literaria, con motivo do Día do Libro celebrado o pasado 23 de abril.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil de Educación, Julia Loureiro, achegáronse esta mañá ata o Colexio de Atín para saúdar aos rapaces e rapazas que estaban a participan neste taller e para coñecer de primeira man e en persoa os detalles desta iniciativa dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias.

 

Xela Arias non só foi escritora e poeta, tamén traduciu ao galego unha morea de novelas e contos escritos noutros idiomas para que gocemos deles na nosa lingua. Tras rematar a carreira en 1996, fíxose realidade outro dos seus soños, ser profesora, concretamente de rapazas e rapaces de instituto, aos que lles transmitiu a súa paixón polo mundo da lingua e da literatura. Enormemente querida pola comunidade escolar e educativa, e especialmente nas aulas, desde o Concello de Mos quíxose achegar de novo a figura de Xela a elas, levándoa a través deste obradoiro ao alumnado do último curso de Educación Primaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.