TUI
Comezan as obras de limpeza da Praza de Abastos
As obras da primeira fase da reforma da Praza de Abastos de Tui consistirán na reparación da cuberta e da estrutura portante. Suporán un investimento de 96.437 € , IVE incluído, dos que 50 mil son financiados ao abeiro das Subvencións para Proxectos de Rehabilitación e Reforma de Mercados Municipais de Venda de Produtos Agroalimentarios de Agader, asumindo o concello con fondos propios o importe restante.
A execución prolongarase até o 30 de xuño. Neste tempo compatibilizarase a actividade dos praceiros e praceiras pola mañá coa execución das obras pola tarde. Dende o concello agradécese, nese senso, a colaboración por parte dos praceiros e praceiras e apélase a comprensión das persoas que acoden a realizar as súas compras á praza, polas pequenas molestias ou cambios que poden conlevar, a actuación.
Os traballos consistirán en primeiro lugar na limpeza da fachada exterior, piares, capiteis e baixantes, eliminando as manchas de humidade e pintadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149