Mos
O Concello homenaxea ao Club Natación Mos polos bos resultados
Coincidindo coa V Xornada de Natación Máster que se disputou na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, o Concello de Mos organizou nas devanditas instalacións deportivas unha recepción ao CLUB NATACIÓN MOS polos últimos resultados obtidos no Campionato Galego de Fondo Máster e no Campionato de España Infantil.
![[Img #69344]](https://xornal21.com/upload/images/05_2021/672_club-natacion-mos1.jpg)
Ao acto homenaxe ao club asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da Corporación Municipal.
O Club Natación Mos acudiu con só tres nadadores ao Campionato Galego de Fondo Máster que se disputou en Carballo o domingo, 25 de abril, onde participaron 17 clubes.
Nesta competición o Club Natación Mos obtivo os seguintes resultados en 800 metros libre: Roi Rodríguez López, resultou campión galego, con récord galego máster na categoría de 20 a 29 anos e premio á mellor puntuación Fina. Adrián Trillo Rodríguez, resultou subcampión na categoría de + de 25 anos. E Alberto Trincado Fernández, alcanzou un meritorio 4° posto na categoría de + de 50 anos.
No cómputo final por clubes, o Club Natación Mos quedou 3° en categoría masculina, a un só punto do subcampión, a pesar de acudir con só tres nadadores.
Pola súa banda a nadadora Carolina Pereiro fixo o pasado mes de marzo un excelente papel no XL Campionato de España Infantil en Málaga, onde se situou entre as 12 mellores do noso país.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126