Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Beatriz Cabaleiro presenta o seu primeiro libro no Pazo de Mos

O de Cabaleiro tátase dun libro infantil bilingüe galego-inglés, con ilustracións de Blanca Millán e editado por Aira

O Pazo de Mos acolleu esta mañá un novo acto de presentación incluído no ciclo ‘Mos coa lectura’ organizado polo Concello de Mos. A autora protagonista de hoxe foi BEATRIZ CABALEIRO, que presentou a súa ópera prima literiaria: ‘CLOVER, UNHA PORQUIÑA DIFERENTE’, que conta con ilustracións de Blanca Millán.

 

Beatriz Cabaleiro estivo acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, demais membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal; e o director da Editorial Aira, César Lorenzo, que edita a obra de Beatriz.

 

Beatriz Cabaleiro naceu en 1992, pertence a unha coñecida familia da parroquia de Sanguiñeda e compaxina a docencia coa escritura. Tamén é membro do departamento de comunicación do Marisquiño. Colabora con concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos. Redacta contidos relacionados coa cultura e a diversidade en diarios dixitais e exerce como profesora. É Graduada en Xornalismo pola USC (2015) e na English Studies College of Marin (2017).

 

O debú literario de Cabaleiro é unha obra de literatura infantil que versa sobre Clover, unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade.

 

As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias.

 

Trátase dun álbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.