Deportes
200 corredores participan na VII carreira Camiño das Letras
A directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez entregou hoxe os recoñecementos aos participantes na VII edición da Carreira Camiño das Letras, que une a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, contribuíndo así a pór en valor a través do deporte o patrimonio cultural galego. Nas distintas categorías da proba participaron un total de 200 corredores, límite marcado nesta edición por parte da organización ante a situación sanitaria actual.
Promovida por Xurdir S.L. co apoio da Xunta de Galicia, a carreira partiu do Pico Sacro, no concello de Boqueixón, seguindo un percorrido de 15 quilómetros a través da Vía da Prata, ata a súa meta na Cidade da Cultura, onde tivo lugar a entrega de premios –consistentes nun trofeo conmemorativo e un lote de libros–. Este evento inclúese no amplo programa de actividades que o Goberno galego organizou este ano arredor do 17 de maio, con Xela Arias como referente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217