Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Xornal21.es
Jueves, 20 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Cabo” atopa un novo fogar tras recuperarse no CAAN

O can entrou no centro en marzo cunha lesión cerebral e a parálise das súas extremidades e, tralo seu restablecemento, regresou a Sanxenxo da man do seu novo dono, que xa chamara interesado por el nada máis ler a noticia do seu salvamento

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra suma unha nova historia con final feliz. É a de “Cabo”, un can de 11 anos de idade que despois de ter sido rescatado hai dous meses dun acantilado en Sanxenxo e da súa posterior recuperación nas instalacións da Armenteira, encontrou un novo fogar da man de Miguel Fernández, veciño tamén de Sanxenxo. Dáse a circunstancia de que Fernández chamara xa ao CAAN nada máis coñecer a noticia do rescate de “Cabo” para interesarse pola súa adopción e ten esperado ata o seu completo restablecemento para levalo consigo.

 

“Cabo” fora rescatado nunha laboriosa operación polo persoal do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo o 20 de marzo nun acantilado na praia das Cabezas, en Punta Faxilda, na parroquia de Noalla, e presentaba varias feridas, a máis grave delas na cabeza, que lle provocou unha lesión cerebral e a parálise das extremidades, alteración nos reflexos oculares e propioceptivos. No CAAN foi tratado e recuperou progresivamente a súa mobilidade, sen que lle queden secuelas da lesión cerebral. Tan só presenta unha coxeira, consecuencia dunha artrose no cóbado. O can desfruta xa no seu novo fogar, no que comparte espazo con outro can e unha cadela e, segundo o seu novo dono “está a adaptarse moi ben”. Miguel conta que lle impactou a noticia cando a leu e decidiu entón que quería darlle “un final feliz” a “Cabo”, que con 11 anos de idade e coa súa artrose ía ter máis dificultades para saír adoptado. “É un can moi tranquilo e moi bo”, destaca.

 

Porén, a lacra dos abandonos continúa. A pasada fin de semana, persoal do centro rescatou a catro novos cachorros en Ribadumia. Os animais, que teñen un mes e medio de idade e apareceron sen nai, foron localizados camiñando por unha vía pública en Barrantes e tralo seu rescate, están a recuperarse no CAAN. Son dúas cadeliñas, “Paca” e “Parla”, e dous cans, “Paxón” e “Paxo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.