VIGO
Xornadas para imaxinar un futuro sostíbel na cidade de Vigo
Vigo Ciclábel organiza as xornadas “Reinventando Vigo” con persoas expertas en urbanismo e diversos colectivos da cidade para pensar en como debería ser o Vigo post-pandemia
Centrándose especialmente na mobilidade sustentábel e na necesidade de espazos públicos máis amábeis, Vigo Ciclábelorganiza as xornadas “Reinventando Vigo: a mobilidade e o espazo público na cidade post-pandemia”, que terán lugar en formato presencial (con aforo limitado na Aula D, Rúa Elduayen nº36) e online e contarán con dúas sesións os días 27 e 29 de maio. Para participar xa está aberta a inscrición nun formulario.
O día 27 ás 18:00h terá lugar a mesa redonda “A mobilidade e o espazo público nas cidades post-covid”, que tratará de dar unha visión xeral sobre as necesidades de mudar o espazo e a mobilidade urbana achegando outras visións e experiencias e tratando de aterrizalas na cidade. Na mesa redonda estarán Gemma Simón i Mas, ambientóloga experta en ecoloxía urbana e coordinadora de equidade en Conbici; Sara Ortiz Escalante, socióloga, máster en planificación urbana e experta en planificación urbana dende un enfoque ecofeminista no colectivo Punt 6; Adrián Fernández, enxeñeiro, máster en Mobilidade e Seguridade e responsábel da campaña de Mobilidade en Greenpeace España, e Antón Lois, educador e divulgador ambiental en Vigo e portavoz de Amigos da Terra.
O sábado día 29 ás 10:00h diferentes movementos sociais e veciñais da cidade farán unha xornada de traballo para reflexionar sobre as problemáticas de Vigo en materia de sustentabilidade, centrándose especialmente no transporte non motorizado (peóns, bicicletas…), no transporte público (mellora, intermodalidade, cidade sen coches…) e no espazo público, zonas verdes e pacificación do tráfico.
"A pandemia da covid-19 advertiunos, e aínda o fai, da necesidade de vivirmos en contornas máis resilientes e menos vulnerábeis a situacións de emerxencia. Hoxe é a pandemia, mais tamén a contaminación, o cambio climático, a perda de biodiversidade, as desigualdades e moitas outras cuestións as que ameazan a nosa convivencia", afirma Iria Vázquez, de Vigo Ciclábel.
Durante os últimos meses comprobamos como as actividades humanas incidían directamente na calidade da nosa contorna. O confinamento redundou nunha redución drástica da contaminación atmosférica provocada polos automóbiles, as augas dos mares e ríos parecían máis limpas, a natureza conquistou espazos urbanos e en moitos lugares por primeira vez puidemos escoitar o silencio.
"Na pandemia vimos a necesidade de contar con servizos públicos de calidade e ben dotados, de termos espazos públicos amplos, abertos e máis naturais, de movernos con seguridade, de termos acceso a unha alimentación sá e sustentábel ou de contar cunha rede de coidados, solidariedade e apoio mutuo que nos reforce como sociedade. En definitiva, a pandemia aprendeunos que temos que repensar e redeseñar as nosas cidades e o futuro para as persoas que viven nelas", conclúe Iria Vázquez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26