GALICIA
A Tarxeta Xente Nova exténdese a toda Galicia
O titular do Goberno galego participou esa semana no acto de presentación da ampliación da tarxeta Xente Nova a todas as liñas de autobús da Xunta
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a extensión da tarxeta Xente Nova a toda Galicia permitirá, desde hoxe, 60 viaxes gratuítas ao mes aos menores de 21 anos, en calquera das máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta, completando deste xeito a aposta rotunda polo transporte público.
Durante o acto de presentación, Feijóo expuxo a modo de exemplo que, con esta iniciativa, a familia dun rapaz de Noia que acuda todos os días a estudar a Santiago aforrará, aproximadamente, 1.200 euros nos nove meses de período lectivo.
Precisa a modo de exemplo que, con esta iniciativa, a familia dun rapaz de Noia que acuda todos os días a estudar a Santiago aforrará 1.200 euros no transporte público, correspondente aos nove meses de período lectivo
“O transporte público é a nosa forma de garantir o dereito de todos os cidadáns á mobilidade e o seu acceso aos servizos esenciais; ao tempo que se dilúen as fronteiras entre a Galicia urbana e a Galicia rural e avanzamos cara a unha nova mobilidade máis limpa e responsable”, precisou, recordando que para blindar este servizo a Xunta destina 80 millóns de euros cada ano.
Nesta liña, ademais de garantir uns servizos axeitados e bonificar os prezos, subliñou tamén as actuacións que se están a levar para mellorar as estacións de autobuses, renovar as marquesiñas e impulsar a intermodalidade.
O presidente da Xunta concluíu presentando a tarxeta Xente Nova como unha ferramenta para promover a Galicia moza, familiar, verde e sostible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217