Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A futura gardería do Polígono da Granxa xa ten a licenza

A empresa que vai xestionar a futura escola infantil no Polígono Industrial A Granxa dispón de licenza municipal do Concello do Porriño para executar as obras de acondicionamento do local cedido pola Zona Franca. O espazo ten una superficie de 448 metros cadrados e o orzamento estimado das obras é de algo máis de 55.000 euros.


A documentación aportada pola mercantil que dirixe Beatriz Cabaleiro informouse favorablemente e a licenza de obra outorgouse con data de o, 20 de maio, firmada polo concelleiro responsable de Infraestruturas, Pedro Pereira.


Zona Franca cedeu e entregou as chaves en abril de seis locais na planta baixa do Centro de Servizos en A Granxa onde a firma “Trastes” xestionará una escola infantil con 74 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, así como servizos complementarios de 3 a 8 anos.


A futura entrada en funcionamento desta gardería “atenderá unha vella demanda dos empresarios e traballadores dos polígonos industriais do Porriño. Como institucións públicas temos que favorecer e facilitar a conciliación familiar e laboral”, segundo declarou a alcaldesa, Eva García de la Torre.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.