Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 27 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Audiencia Provincial arquiva o caso da compra dos locais a “Promocións Guanabara”

A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou a causa xudicial emprendida por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do Partido Popular por supuesta prevaricación administrativa contra a alcaldesa e o goberno municipal do Porriño. O feito denunciado foi a compra dos locais a “Promocións Guanabara” que realizou o Concello do Porriño para acomodar unha aula asocíada da UNED e outros servizos municipais.


A resolución da Sala II da Audiencia Provincial confirma o primeiro sobresemento e arquivo da denuncia que xa decidiu en febreiro deste ano o Xulgado de Instrucción número 2 de Porriño. E concorda tamén coa posición da Fiscalía que tamén pediu o arquivo.


Agora a sentenza da Audiencia Provincial confirma de xeito definitivo a resolución previa do xulgado de instrucción que xa concluíu que no procedemento para o alugueiro e posterior compra dos locais se axustara á normativa e aos prezos de mercado coa emisión dos informes técnicos municipais favorables. Asimesmo, o tribunal asume que “por ningures quedara constancia de que os devanditos alugueiros e compras fosen innecesarios ou estivesen orientados a beneficiar a terceiras persoas, xa que todos os locais están ben preto do Concello do Porriño e resultaban idóneos para as súas finalidades”.


E remata a resolución da Audiencia sinalando que “a circunstancia de que, se os alugueiros se iniciaron en xullo de 2017 e en marzo de 2018 os resolveron de mutuo acuerdo o Concello do Porriño e a empresa ‘Guanabara’, puidese resultar estrano que esta última, aínda así, reclamase os alugueiros daquel periodo poderá ser discutible todo o que se queira, máis, precisamente por isto e en ausencia doutros aspecto, exclúe o presunto delito de prevaricación administrativa que se pretendía”.


A sentenza da Audiencia Provincial notificada esta fin de semana, chega xusto despois de que o Partido Popular puxera en cuestión a honorabilidade da Alcaldesa Eva García por esas operacións inmobiliarias do Concello coa mercantil “Guanabara” e das acusacións verquidas polo seu voceiro no pleno extraordinario que se celebrou o pasado mércores, a instancias do grupo municipal do PP.


A alcaldesa valorou esta resolución xudicial “con gran satisfacción por que as cousas van poñendose no seu sitio” e tratase da segunda decisión xudicial nunha semana que rematan denuncias feitas polo PP baseadas en insidias e calumnias verquidas contra mín acusándome da comisión dun sinfín de delitos”.


“Agardo que cedo vexamos algunha resolución xudicial semellante no que atinxe a a causa principal (desbroces) que chegue á mesma conclusión que esta sentenza da Audiencia Provincial e a anterior do Tribunal de Contas do Reino, e polo tanto poidamos sair airosos de tantas insidias”, valorou García de la Torre. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.