Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 08:48:59 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Feijóo salienta o compromiso da Xunta co comercio de proximidade

O titular do Goberno galego visitou esta mañá os establecementos comerciais da rúa da Oliva, en Pontevedra

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso da Xunta co comercio de proximidade a través de apoios ao consumo por 21 millóns de euros.

 

Durante unha visita esta mañá aos establecementos comerciais da rúa da Oliva, en Pontevedra, Feijóo recordou que, ademais desta achega para incentivar as ventas e o consumo, a Administración autonómica puxo en marcha o Plan de comercio seguro, para dar seguridade e confianza a negocios e clientes, así como numerosas iniciativas ao abeiro dos plans de reactivación para paliar a caída de ingresos do comercio de proximidade, dotadas con máis de 70 millóns de euros.

 

Nesta liña, subliñou que o Bono activa comercio conta xa con máis de 5.000 comercios adheridos e máis de 110.000 consumidores beneficiarios. “Estamos a falar dun programa que, cunha dotación de 10 millóns de euros, facilita descontos de 30 euros por consumidor, co fin de animar a mercar produtos de proximidade”, precisou, resaltando que esta iniciativa suporá unha inxección para o consumo de máis de 55 millóns de euros.

 

 

 

 

Subliña que o Bono activa comercio, con descontos de 30 euros por consumidor, conta xa con máis de 5.000 comercios adheridos e máis de 110.000 beneficiarios

 

 

 

 

Compre salientar que destes 110.000 bonos que se consumiron xa en toda Galicia, o 30% empregáronse nas tendas do téxtil, seguido das librerías, salóns de peiteado, ópticas e droguerías.

 

Así mesmo, destacou o Plan renove electrodomésticos, para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares, que conta con máis de 10.000 solicitudes, 3.400 desta provincia; e o Bono enerxía peme-comercio, cun investimento de 3 millóns para mellorar envolventes, iluminación ou electricidade.

 

“E aínda está aberta ata o catro de xuño a convocatoria das axudas á dixitalización comercial, dotada cunha partida de 5 millóns de euros”, dixo, co fin de modernizar o sector e aliñalo coas tendencias de futuro no consumo.

 

O titular do Executivo galego aproveitou a visita para referirse ademais ás axudas a terrazas co fin de facilitar a adaptación dos hostaleiros ante a pandemia; unha iniciativa que contou cun investimento de 11 millóns de euros.

 

E, con ese mesmo espírito, lembrou que a Xunta activou dous Plans de rescate por 182 millóns de euros para aliviar a situación dos autónomos e das microempresas, coa concesión de máis de 60.000 axudas.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.