GALICIA
O proxecto Artesanía no Prato da Xunta é recoñecido no programa europeo Crafts Code
Esta iniciativa da Xunta de Galicia foi seleccionada para aparecer na plataforma de políticas formativas de Interreg Europe, como modelo para os sectores artesáns doutras rexións europeas para vincular a artesanía con outros sectores e crear sinerxías
O proxecto Artesanía no Prato, impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño, acaba de ser seleccionado como exemplo de boas prácticas no programa europeo Crafts Code. A plataforma de políticas formativas do Interreg Europe considera que Artesanía no Prato é un modelo a seguir para outras rexións de Europa que o poden aplicar para vincular a súa artesanía con outros sectores para mellorar e crear novos servizos.
A Fundación Artesanía de Galicia participa desde o ano pasado no programa Crafts Code, que en España está coordinado pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, e que está orientado a mellorar a competitividade das pemes no sector da artesanía a través do desenvolvemento dun marco que estimule as políticas formativas e as actividades de formación continua en colaboración con todos os stakeholders, ademais de mellorar a implementación de políticas e desenvolvemento rexional que apoien as pemes para fomentar e impulsar o seu crecemento e promover a innovación.
"Esta boa práctica demostra o potencial creativo dos artesáns locais conectándoos cun concepto aparentemente sen relación para crear unha nova e apaixonante experiencia, neste caso coa gastronomía”, sinalan desde a plataforma de políticas formativas de Interreg. Destacan, ademais, o grande éxito da iniciativa Artesanía no Prato en Galicia, na que participan máis de 40 artesáns traballando para cociñeiros, así como con grandes empresas distribuidoras de enxoval para a hostalería; e resalta o seu alto potencial para implementala noutras comunidades.
A Fundación Artesanía de Galicia participa desde o ano pasado neste programa europeo orientado a mellorar a competitividade das pemes no ámbito da artesanía, impulsar o seu crecemento e promover a innovación
Xornadas Artesanía no Prato
Artesanía no Prato púxose en marcha no ano 2013 e está dedicada a xerar unha interrelación entre Artesanía de Galicia e a cociña galega máis vangardista, de xeito que os chefs máis destacados se convertan en abandeirados e promotores da marca. O proxecto foi unha iniciativa que comezou na segunda edición do Corazón da Artesanía, encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra en Agolada, grazas á colaboración de cociñeiros do Grupo Nove que comezaron a empregar pezas da marca nos seus showcookings.
No ano 2017, a Fundación Artesanía de Galicia fortaleceu a súa aposta a través da celebración das Primeiras Xornadas Profesionais de Artesanía no Prato, que tiveron continuación no ano 2019 coa segunda edición, e o evento converteuse no punto de referencia para a colaboración entre ambos os dous sectores. Froito destes anos de traballo están a xurdir proxectos de colaboración entre artesáns e cociñeiros que cada vez son máis numerosos. A finais deste ano 2021 está previsto organizar a terceira edición destas xornadas profesionais co obxectivo de evidenciar o valor da artesanía no ámbito da hostalería e da restauración. Este evento ofrecerá o escenario perfecto para revisitar elementos tradicionais da nosa artesanía, que se porán agora ao servizo da gastronomía incentivando novos proxectos de colaboración no ámbito do deseño de produto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116