MUNDO EMPRESA
A Xunta promove prácticas saudables nas empresas
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrouesta semana unha xornada virtual para a promoción de boas prácticas nas empresas saudables
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, celebrou esta semana desde Santiago de Compostela un webinario para a prevención das enfermidades cardiovasculares e o ictus na empresa.
A actividade forma parte das iniciativas que o Instituto desenvolve desde a área de medicina no traballo, para asesorar ás firmas que forman parte da rede estatal de empresas saudables. Trátase de aportar a estas organizacións recursos para que promovan a saúde no traballo e, en definitiva, melloren el benestar das persoas traballadoras. Neste caso concreto, na xornada ofrecida en colaboración con Ibermutua, abordáronse aspectos para a identificación e prevención de factores de risco cardiovascular e ictus.
Galicia conta cun total de 26 empresas (16 na Coruña, 8 de Pontevedra, 1 de Lugo e outra de Ourense) dentro da Red de empresas saludables que no eido estatal está integrada por 802 firmas. Nesa vintena de entidades, atópanse grandes distribuidoras de alimentación e bebidas, hospitais, consultoras, firmas de infraestruturas ou telecomunicacións, asociacións e entidades públicas como o Servizo Galego de Saúde.
O Issga forma parte desde 2015 do Comité de verificación de empresas saudables, integrado polo Ministerio de Sanidad, o Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo e o Consejo Superior de Deportes. Ademais do galego, está integrada tamén polos órganos de prevención de riscos laborais de Aragón, Madrid, Comunidade Valenciana e Cantabria. Este órgano avalía os programas que presentan as empresas para a promoción da saúde no traballo e que aspiran a ser recoñecidos como boas prácticas na materia.
Galicia conta na actualidade con 26 firmas integradas na rede estatal de empresas saudables que traballan na mellora da saúde e do benestar do seu persoal
As iniciativas saudables reportan beneficios económicos e as organizacións que as incorporan, melloran os seus resultados en termos de produtividade, competitividade, sustentabilidade e redución de custos sanitarios e de Seguridad Social.
Tal e como constata o Issga, por cada euro gastado en programas de benestar nas empresas, obtense un retorno da inversión promedio de 2,54 euros. Adela Quinzá-Torroja, xerente deste instituto, clausurou a xornada virtual de hoxe, facendo énfase en actuacións que a nivel autonómico desenvolve o Instituto, a maiores da súa participación no proxecto estatal. Así, o Issga encárgase do asesoramento ás empresas galegas na implantación de programas de mellora da saúde integral, organiza foros de discusión con programas específicos para cada idade e promove a actividade física na empresa.
A Xunta conta, a maiores, con escolas de saúde laboral, nas que se traballa na prevención e formación acerca de trastornos musculoesqueléticos derivados da actividade laboral dirixidos a colectivos específicos como redeiras, mariscadoras, traballadores do sector agrario, conserveiras, piscifactorías...
En paralelo, desenvólvense guías de prácticas saudables e de vixilancia da saúde na contorna laboral e se mantén un programa de formación para que os técnicos do Issga conte coa capacitación adecuada para acompañar ao tecido produtivo galego en actividades de promoción da saúde no traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129