Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Lunes, 31 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro segue a recomendar a renovación do tratamento contra o mildio

O centro dependente da Deputación aconsella tamén unha exhaustiva revisión ante as condicións favorables para o desenvolvemento do black-rot

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a revisión das viñas fronte ao mildio, aínda que estean tratadas, así como a renovación dos tratamentos contra esta enfermidade naquelas viñas que estean próximas a concluír a protección ou que xa estean fóra dela.

 

O persoal técnico da EFA sinala que estas actuacións son necesarias debido, dunha banda, a que o estado fenolóxico da floración é moi sensible ao patóxeno e unha mala protección da viña neste momento pode ocasionar perdas importantes e reducir por tanto a futura colleita. E, pola outra, ás previsións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días, que anuncian choivas e temperaturas nocturnas compatibles coa frutificación do fungo.

 

O aviso fitosanitario refírese tamén á necesidade de vixiar as viñas fronte ao black-rot. Neste senso, Areeiro sinala que aínda que nos predios revisados esta semana non se observaron cambios, e tampouco nas viñas abandonadas, as condicións previstas de precipitacións serán favorables á enfermidade e, amais, a viña está nun período de máxima sensibilidade. Sinala que floración e o callado son períodos que convén manter protexidos e lembra que para un bo control do patóxeno é fundamental retirar as viñas abandonadas cerca dos predios, así como tamén os tratamentos preventivos precoces na primavera, cando os brotes teñen unha lonxitude de 2-5 cm.

 

Doutra banda, no que se refire ao oídio, aínda que nas viñas revisadas non se atoparon síntomas do patóxeno, Areeiro advirte que a floración e a formación do froito son estados do ciclo da planta que convén protexer pola súa sensibilidade, de xeito que naquelas variedades máis sensibles convirá aplicar un tratamento se ata o momento non se fixo. E no caso da botrite, sinala que malia que as  reducidas precipitacións e as temperaturas para os próximos días non favorecerán a priori a instalación do fungo, de haber pampos secos deben ser retirados.

 

Por último, Areeiro sinala que, no que atinxe a outros parasitos da viña, incrementouse o número de glomérulos de Lobesia esta semana, pero normalmente esta primeira xeración non require tratamentos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.