Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 31 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

A alcaldesa comunica a suspensión da Festa da Rosa

Anuncia que unha parte dos fondos irá destinada a unha campaña de promoción da hostalería

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante o Pleno desta mañá celebrado por videoconferencia.A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante o Pleno desta mañá celebrado por videoconferencia.

Manterase o acto institucional do 13 de xuño, -pero este ano sen público-, que será retransmitido en directo, cos pregoeiros Óscar Pereiro e Javier Guillén e a Corporación Municipal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou na sesión ordinaria do Pleno do mes de maio, celebrado esta mañá telemáticamente por videoconferencia, dada a situación de nivel máximo de incidencia por COVID-19 na que se atopa o municipio, que precisamente por este motivo, queda suspendida a programación da Festa da Rosa 2021; manténdose unicamente (pero sen público) o acto institucional do día 13 de xuño coa presenza da Corporación Municipal, que terá uns pregoeiros de honra como son o ciclista mosense, gañador dun Tour e embaixador de LA VUELTA, Óscar Pereiro, e o director de LA VUELTA, Javier Guillén. O acto será retransmitido en directo a través das redes sociais oficiais do Concello de Mos.

 

O Concello de Mos tiña prevista a presentación oficial do programa de actividades culturais da Festa da Rosa 2021 o pasado venres 28 de maio. Presentación que non chegou a realizarse dada a situación sanitaria actual do municipio. A devandita programación incluía o festival musical infantil Canto Conto o domingo 30 de maio, o xoves 10 de xuño a inauguración da Exposición “Camiño do Encaixe” de Ana Rosa Liste no Pazo de Mos, o venres 11 de xuño Cine na rúa coa proxección de “María Soliña” nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, o domingo día 13 de xuño concerto de Andrea Pousa nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, e o sábado 18 de xuño “DesfilaMOS”, desfile de deseños de Encaixe de Bolillos organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos nos exteriores do Pazo de Mos.

 

Esta programación queda por tanto suspendida e unha partida das destinadas a financiala dedicarase a poñer en marcha unha campaña de promoción e difusión publicitaria masiva da hostalería mosense incluída no plan ‘Queda en Mos. Todo ao teu alcance’, como así o comunicou a rexedora local mosense. Con esta campaña preténdese darlle un gran pulo aos locais hostaleiros de Mos durante o verán, unha vez superado o nivel máximo de restriccións no que se atopa o municipio, e fomentar que tanto veciñanza mosense como de concellos da contorna e incluso turistas consuman en bares, restaurantes, taperías e cafeterías de Mos. Dita campaña incluirá múltiples accións entre as que se atoparán a instalación de mupis publicitarios en Sanxenxo, promocionando o fin de etapa en Mos da etapa 20 de LA VUELTA 21 (Sanxenxo-Mos) o 4 de setembro, de xeito que tanto habitantes de Sanxenxo como veraneantes que alí se atopen se animen a coñecer Mos e a consumir nos negocios de hostalería de Mos.

 

Concurso virtual on line de rosas

O que sí se manterá dentro da programación da Festa da Rosa 2021 será o Concurso de Rosas, que se levará a cabo a través dunha iniciativa en redes sociais que pronto se detallará, e que contribuirá a manter e non perder as tradicións locais, sendo unha das máis senlleiras o devandito concurso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.