Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 05 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Aprobada por unanimidade a proposta do grupo popular para rebaixar o IBI

"PSOE e MS demostraron co catastrazo, unha falta total de transparencia hacia os veciños, ocultando o inicio da revisión catastral, non sacando ningún bando informativo, ningunha nota pública nin convocando un pleno extraordinario o respeto" aseguran os populares

No pleno celebradoesta semana, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora do IBI (urbana) a iniciativa do Grupo Popular para baixar o tipo impositivo do 0,50 actual o 0,40% de cara o ano 2022. Esta proposta  ven do pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular e que se celebrou o pasado día 15 de abril, onde foi aprobado o iniciar o expediente para modificar a ordenanza que regula este imposto. Polo tanto, gracias a nosa iniciativa, hoxe aprobamos esta rebaixa, que suporá na practica unha disminución do 20% no recibo cara o ano 2022. “ é triste ver como o goberno manipula a realidade, incluso tilda de axitadores a quenes propomos rebaixas fiscais para os veciños, a quenes plantexamos ata en tres ocasión a rebaixa do IBI e que unha tras outra, a Sra. Dolores Castiñeira e a Sra. Verónica Tourón, xunto cos seus compañeiros de goberno, votaron sempre que NON a baixarlles os impostos os veciños” comenta o voceiro Popalar, Santiago Rodríguez Davila.

 

A presión veciñal, o malestar e a falta de transparencia o asunto da revisión simplificada, co enfado xeneralizado na poboación, e tras as queixas do Grupo Popular polo oscurantismo no Catastrazo,  fixo que o goberno mudase na idea inicial, que era recaudar a maiores dun ano normal, máis de 800.000 € no incremento no recibo do IBI, “primeiro calan e non din nada, non publican ningún bando informativo, nin nungunha nota nos medios, nin convoca un pleno ou reunión o respeto, empedindo así que calquer veciño ou colectivo se enterase e poidésemos presentar ou alegar contra o inicio do expediente, xa que cando rematou o tempo legal para poder interpor queixa, ( periodo do 2 de febreiro o 15 de febreiro). O noso Grupo e coñecedor da suba do IBI porque así estaba no expediente de aprobación dos orzamentos para este ano 2021, feito ocurrido a finais de febreiro, cando xa rematara o prazo de alegación, tan so o goberno local e Catastro o sabían” puntualiza o Concelleiro Joaquín Núñez Troncoso.  

 

O que non conta o gobeno da Sra. Castiñeira e da Sra. Tourón, e que non apoiaron a enmenda do Grupo Poplar a propia modificación da ordenanza, (xa que quedaran en engadir bonificacións fiscais de tipo sociais) para incrementar as porcentaxes xa existentes (unha medida aprobada no pasado mandato municipal e proposta polo Grupo Popular) de deducción no recibo do IBI ás familias numerosas e vulnerables, “ estas familias poderían benificiarse dunha rebaixa do IBI da súa vivenda habitual, sempre que estén empadroados no noso Concello e que o valor catastral desa vivenda non supere os 90.000 €, así como non ter outro inmoble algún dos membros da unidade familiar que supere os 25.000 € por inmoble; as bonificacións irían dun 50% para familias numerosas de tipo xeral e dun 70% de rebaixa para as de tipo especial, unha verdadeira medida social que o goberno non quixo aprobar” explica Joaquín.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.