PROVINCIA
Carlos Font esixe a Cubela que se retracte e pida desculpas ante “acusacións infames ”
O deputado provincial é tallante ao asegurar que cando fala das bases do ReacPon o voceiro do grupo popular “minte cun descaro que non se pode consentir, basta xa”
“A Jorge Cubela só lle cabe retractarse publicamente das súas palabras e pedir desculpas, ou presentar as probas das infames acusacións que fixo e que son dunha gravidade insoportable”. Así se manifestou esta tarde o deputado Carlos Font tras as declaracións do voceiro do grupo provincial do Partido Popular en referencia ás bases e criterios do Plan ReacPon, o programa de investimento público máis ambicioso da historia da Deputación que suporá unha inversión de 20 millóns de euros nos concellos da provincia.
O portavoz socialista do goberno manifestou a súa indignación co grupo popular. “Menten cun descaro que non se pode consentir, non todo vale, basta xa -dixo Font-. Ninguén podía coñecer as bases do Plan con anterioridade ata que se aprobaron no pleno porque non estaban feitas e Cubela o sabe”. O deputado foi máis aló e lembrou que xa a principios de ano, como quedou demostrado, o goberno provincial informou en convocatoria de reunión pública con todos concellos da provincia a que foran preparando proxectos maduros cara aos fondos europeos. “De feito, recordou, hai exemplos claros de concellos do PP que teñen os deberes feitos e xa expresaron publicamente que proxectos queren presentar ao ReacPon. ¿Tamén estaban avisados?”.
Carlos Font mostrou tamén o seu enfado “porque por enriba no grupo popular non teñen nin pudor. ¿De verdade que non lles da vergoña falar de falsas tácticas partidarias desde un partido que goberna a Xunta onde se fan convocatorias a medida e se conceden subvencións a dedo unicamente aos concellos onde gobernan?” preguntou. O deputado instou por elo ao presidente do PP na provincia e vicepresidente galego Alfonso Rueda a “cesar con este modelo político arribista e de cloaca, que xa practicaron co bipartito, e que o fagan con esta Deputación que é un exemplo de criterios obxectivos e referente en transparencia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163