Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 07 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta abrirá dúas novas aulas na Escola Infantil de Salvaterra de Miño

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, visitaron as obras no centro

A Xunta de Galicia porá a disposición das familias de Salvaterra de Miño e dos municipios da contorna dúas novas aulas na escola infantil para o inicio do vindeiro curso 2021-2022. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado da alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, comprobou fai uns días  o avance dos traballos de ampliación deste centro, que pasará de catro unidades e 61 prazas a seis unidades e 82 prazas.

 

Perfecto Rodríguez destacou que esta actuación “vén cubrir unha necesidade que existía no concello, xa que permitirá atender a un maior número de nenos e, deste xeito, mellorar as posibilidades de conciliación das nais e pais”. De feito, coa entrada en servizo das novas aulas ofertaranse 21 prazas máis nunha escola que pechou o período ordinario de solicitude de matrícula con 55 nenas e nenos admitidos e 41 en lista de agarda.

 

As obras, que se iniciaron a finais do ano pasado e que están practicamente rematadas, teñen un custe algo superior aos 200.000 euros. Desta contía, a Administración autonómica achega 161.000 euros, dos cales o 80% proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O Concello de Salvaterra de Miño asume a cantidade restante, ademais dos custes derivados da redacción do proxecto e dirección de obra.

 

 

 

 

Atenderase un maior número de solicitudes para mellorar as posibilidades de conciliación das familias

 

 

 

 

Aulas, sala de usos múltiples e equipamento
O proxecto de ampliación do centro supón a creación, nunha edificación anexa, de dúas aulas e dous aseos, así como o aumento das dimensións da sala de usos múltiples e a habilitación dunha zona para o aparcamento de carriños. Con esta intervención a superficie útil da escola increméntase en preto de 250 metros cadrados.

 

Así mesmo, e coincidindo coa última fase destes traballos na escola, a Xunta ten nestes momentos en licitación o equipamento do mobiliario e material necesario para a entrada en funcionamento das novas unidades. O orzamento deste contrato ascende a case 50.000€, financiados nun 80% polo Feder, e as empresas teñen de prazo ata o martes da vindeira semana, día 8, para presentar as súas ofertas.

 

O contrato inclúe dotar á escola do mobiliario e dos complementos necesarios para o desenvolvemento do servizo; así como o subministro  de instrumentos musicais, artigos deportivos, xogos, materiais artísticos e accesorios. Tamén contempla o equipamento de aparatos electrodomésticos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.