Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos mantén que as obras da Cidade Deportiva do Celta pódense autorizar

A administración local presentará recurso de apelación ao TSXG ante a sentenza do Contencioso

A devandita sentenza, que dictamina a revisión da licenza dos campos e a anulación da dos vestiarios, baséase nunha cuestión de forma sobre a vía de concesión dos permisos, non cuestiona que as obras sexan totalmente compatibles e autorizables urbanísticamente en solo rústico

 

O Concello de Mos ven de recibir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra sobre a revisión da licenza dos campos de fútbol da Cidade Deportiva Afouteza do R.C. Celta e a anulación da licenza dos vestiarios.

 

Manifestan nun comunicado de prensa que:

"A sentenza da xuíz baséase nunha cuestión de forma considerando que os permisos deberían ter sido concedidos dentro dun Plan Especial de Dotacións en non a través de licenza municipal".

 

"Que as obras non son ilegais. Son totalmente compatibles e autorizables urbanísticamente en solo rústico, ademáis de estar avaladas polos técnicos municipais e contar con informes favorables da Xunta de Galicia,Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea)".

 

"Que o Concello presentará recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia para o cal dispón dun prazo de 15 días".

 

"Que no caso de que o TSXG ratifique a sentenza do Contencioso Administrativo, o Concello de Mos conta xa co procedento do Plan Especial de Dotacións moi avanzado, pendente tan só de 2 informes sectoriais. Polo que, en todo caso, a Cidade Deportiva sempre quedará respaldada pola legalidade urbanística".

 

Isto é, desde o Concello de Mos enténden que "o fundamento da senteza do Contencioso Administrativo trátase dunha disparidade coa administración local en cuestións formais sobre cal é a canle ou a vía para autorizar as obras (licenza municipal ou Plan Especial de Dotacións), posto que non se cuestiona a legalidade das mesmas e establece que non é cuestionable que as instalacións se poidan implantar en solo rústico".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.