Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un 85,8% dos impostos recadados polo ORAL durante 2020 ingresáronse en período voluntario

Carlos Font presenta a Memoria 2020 e destaca a responsabilidade cidadá para cumprir as obrigas tributarias coa Administración local “nun ano extraordinariamente difícil”

O ORAL, servizo da Deputación que xestiona desconcentradamente a xestión tributaria de 54 dos 61 concellos da provincia, pechou o exercicio 2020 cun índice de recadación voluntaria dun 85,8% sobre os padróns dos impostos e taxas, segundo se recolle na Memoria anual que foi presentada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font durante a inauguración do novo local de atención ao público en Pontevedra, situado na rúa de Manuel Palacio, 14. “A responsabilidade da cidadanía é exemplar; temos unha sociedade moi madura e que cumpre coas súas obrigas tributarias porque entende que os concellos prestan servizos imprescindibles que é necesario financiar”, afirmou.

 

Carlos Font destacou que é o terceiro ano en que se presenta a Memoria anual “nun esforzo de transparencia” e que, nesta ocasión, recolle os datos dun ano “extraordinariamente difícil” marcado pola pandemia e que saldouse con bos resultados gracias ao esforzo do persoal traballando en remoto, a adaptación do calendario fiscal ás circunstancias, os pagos personalizados en ata 6 mensualidades ou o éxito da liña de atención telefónica (máis de 60.000 chamadas atendidas) e da oficina virtual implantada en 2019 (557.000 operacións) ou as ferramentas online como a páxina web e as publicacións en Redes Sociais.

 

Font explicou que sobre o total de 113,8 millóns dos padróns dos impostos e taxas municipais  xestionados cobráronse 100,6 millóns, o que supón un índice dun 89,4% de recadación. Ademais, o 85,8% pagouse durante o período voluntario. O dato é aínda maior no Imposto de Bens Inmobles (IBI), que superou o 90% en pago voluntario. O deputado remarcou que o ORAL xestiona un total de 218,3 millóns de euros en valores (entre impostos, taxas, multas, xuros, demoras e outros ingresos municipais), unha cifra que puxo en valor comparándoa cos 161 millóns de euros do Orzamento total da Deputación. Así explicou que foi necesario tramitar 55.288 expedientes e que a recadación final foi de 122,8 millóns (cifra moi similar ao do ano anterior). A recadación voluntaria nestes ingresos chegou ao 88,5%.

 

 

 

 

O servizo desconcentrado de Recadación da Deputación estrea novo local en Pontevedra, con oito puntos de atención onde poden realizarse tódolos trámites, “unha demostración real e práctica do que debe ser a simplificación administrativa”

 

 

 

 

Con todo, para o responsable de Economía e Facenda da Deputación o dato máis sobresaínte é o da confianza dos concellos no ORAL. “Non só temos a xestión de 54 concellos sobre un total de 61, senón tamén de 9 mancomunidades; e as delegacións continúan incrementándose porque o ano pasado recibimos 21 novas, procedentes de 12 concellos”. Ademais destacou que a confianza é total nos municipios de menos de 20.000 habitantes, dado que o 94% deles delega no ORAL. “Os concellos senten que esta tamén é a súa casa e iso di moito do traballo que aquí se fai”.

 

Unha “oficina amigable” onde antes había un almacén
A nova oficina central do ORAL en Pontevedra supón, remarcou, “unha demostración real e práctica do que debe ser a simplificación administrativa, é dicir, facilitarlle ao máximo as cousas á xente”. Carlos Font explicou que coa configuración arquitectónica desta oficina de 140 metros cadrados, estruturada nun vestíbulo que dá paso a oito puntos de atención integral, con persoal especificamente formado, acometeuse “un cambio radical”. O que antes era un almacén é agora un “local amigable” e deseñado con criterios anti-COVID, que evita “as peregrinaxes xa non entre servizos, pedindo un papel ou outro, senón entre mesas dentro do propio ORAL”. Ao mesmo tempo remarcou que moitas persoas contribuíntes fan xestións correspondentes a diferentes concellos e todo será atendido agora nunha única visita. A xefa de servizo, Inmaculada Viña, destacou que a Deputación apostou por unha “Administración moderna, aberta e flexible” e engadiu que a nova oficina de atención ao público é produto “dun traballo colectivo e dunha estrutura moi horizontal con alta participación”. “Queremos que a persoa que entra no ORAL marche coa xestión resolta”. Carlos Font destacou que 101 dos 149 traballadores/as do ORAL (cun cadro de persoal equilibrado entre mulleres e homes) traballan nas oficinas centrais de Pontevedra e con esta transformación dáse un paso importante pola eficacia e eficiencia, “un paso máis nun proceso continuo que comezou en 2015, que en 2019 incluíu a creación da oficina virtual e  en 2020 a renovación da oficina de Tui”.

 

O Organismo de Recadación da Deputación dá servizo a case medio millón de persoas dos 54 concellos delegantes dende os seus 23  centros de atención repartidos polo territorio provincial, nos que se ocupa non só da recadación municipal, senón tamén de servizos complementarios como a xestión catastral, así como o asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.