Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 11 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta destina máis de 174.000 euros a 18 Comunidades de Augas da área de Vigo

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana á Comunidade de Usuarios de Augas de Atios no Porriño para comprobar os traballos de reforma e reparación realizados no sistema de abastecemento

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta semana a Comunidade de Usuarios de Augas de Atios no Porriño para comprobar os traballos de reforma e reparación realizados ao abeiro da orde de axudas para a implantación e o desenvolvemento de mellora da calidade da auga das traídas veciñais.


Segundo informou a representante autonómica, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, destinou na convocatoria de 2020 máis de 174.000 euros a 18 comunidades de usuarios da área territorial de Vigo para a mellora dos sistemas de abastecemento. 

ENTIDADE SOLICITANTE

CONCELLLO

AXUDA

CU de Fonte do Can

Cangas

7.620,2

CU Mina do Ferreiro

Mos

3.116,96

CU Os Castros

Mos

5.814

CU de Casal, Casalmorte e Roublin

Mos

8.848,99

CU de Pombal e Pantaño

Mos

15.000

CU de Campo do Monte-Santa Marta

Mos 

11.209,44

CU de A Revolta

Nigrán

15.000

CU Rotea-Camos

Nigrán

12.020,16

CU de Atios

Porriño

11.098,39

CU San Jorge de Mosende 

Porriño

15.000

CU Río das Cabras

Redondela

10.725,3

CU de Cedeira

Redondela

15.000

CU de Quintela

Redondela

15.000

CU de San Jorge

Salceda de Caselas

3.116,96

CU Traída de Augas de Castro Barreiro

Salceda de Caselas

3.116,96

CU de Condide

Salceda de Caselas

6.058,34

CU de A Picoña

Salceda de Caselas

11.403,91

CU de Naia, Sabaxans e Cortellas

Vigo

5.043,38

 

 

   174.192,99 € 

 

As iniciativas presentadas polas comunidades céntranse na implantación ou mellora dos sistemas de tratamento da auga, tanto de mellora das infraestruturas de almacenamento que inciden directamente na mellora da calidade, como da realización de análises da auga para comprobar a súa calidade antes e despois da intervención.

 

Para acceder aos incentivos, as comunidades de usuarios deben estar formalmente constituídas e acreditar incumprimentos de parámetros sanitarios da calidade das augas mediante analíticas.

 

Fernández-Tapias indicou que estas axudas asumen o 80% do importe das actuacións  elixidas seguindo os criterios marcados na convocatoria, con ata un máximo de 15.000 euros por proxecto. O 20% do financiamento restante deberá ser achegado pola propia comunidade de usuarios beneficiada, non sendo compatible con outras subvencións ou axudas.

 

Neste sentido, a delegada territorial destacou o importante papel das traídas veciñais no ámbito rural ao ser, en moitas ocasións, a solución máis eficiente para abastecer a poboacións que se atopan máis afastadas. Neste sentido, a lexislación estatal de augas bríndalles xa un marco lexislativo especial, outorgándolle carácter de corporacións de dereito público adscritas e tuteladas polo organismo de conca.


 
No caso de Galicia, as especiais características poboacionais, cunha forte dispersión, fan que se teña recorrido de xeito habitual a solucións autónomas para abastecerse de auga potable. De feito, estímase que unhas 600.000 persoas na Comunidade utilizan pequenos sistemas de abastecemento propios, xa sexan veciñais ou individuais.

 

Os Orzamentos de Augas de Galicia para o 2021 manteñen esta liña de axudas ás comunidades de usuarios para mellorar as súas infraestruturas de abastecemento e a calidade da auga, cunha partida de 500.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.