Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 15 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Comeza o traballo para avaliar a xestión das augas residuais no Rosal

O estudo será os vindeiros 16 e 17 de xuño entre as 09.00 e as 19.00 h nos barrios de Portecelo e San Xián. Prégase a colaboración de toda a veciñanza

O Concello arranca a vindeira semana o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais da na zona costeira do Rosal, unha problemática que aínda que depende de Augas de Galicia preocupa moito ao goberno municipal por como afecta a todos os veciños e veciñas. Un equipo técnico especializado percorrerá os barrios de Portecelo e San Xián os días 16 e 17 de xuño de 09.00 a 19.00 horas para realizar o estudo de avaliación e ter unha visión clara da realidade.


Dende o Concello prégase a colaboración de toda a veciñanza para poder analizar a situación actual na que se atopa a xestión de augas residuais nesta zona e “poder atopar solucións a medio prazo”. “Somos conscientes da problemática que levan anos padecendo os veciños e veciñas destas zonas, por iso quixemos dar un primeiro paso importante na procura de alternativas colaborando en todo momento co órgano competente”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.


Este estudo permitirá cuantificar a cantidade de augas residuais que xeran de forma individual as preto de 200 vivendas e edificacións da zona, das que só arredor de 80 están habitadas todo o ano. O obxectivo é determinar as necesidades conxuntas e as posibles solucións a medio prazo para un tratamento de augas residuais que permita dispoñer dunha xestión ambientalmente máis sostible que a actual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.