Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Domingo, 13 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro

Estanse a realizar asfaltados en viais de Areas, Caldelas e Ribadelouro

Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade.  Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 euros, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra.


O goberno municipal está traballando xa na segunda fase de humanización da rúa que consistirá na ampliación das beirarrúas, para favorecer así a mobilidade dos peóns, e garantir a seguridade dos mesmos.


Por outra parte están rematadas as obras de asfaltado executados no barrio de Figueira, en Areas, financiadas tamén pola Deputación de Pontevedra cun importe de 44.623,92.


Amais esta semana comezaron as obras de asfaltado no barrio do Calvario, en Caldelas de Tui, por importe de 45.918,85€, cofinanciadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do Plan Marco do ano 2020. Amais ao abeiro deste Plan Marco executarase o cambio da capa de rodadura na estrada de Eira Vella en Ribadelouro, unha obra que estará arestora en fase de licitación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.