Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 16:17:22 horas

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba dous novos convenios con Tui para investir máis de 600.000 €

Investirase 468.244 € na mellora da seguranza viaria nun tramo de 200 metros na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro e 138.500 € na mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da EP-3001 en Rebordáns

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dous novos convenios co concello de Tui para investir máis de 600.000 € na transformación de dúas estradas provinciais ao seu paso pola vila do Baixo Miño. Así, investirase 468.244 € na mellora da seguranza viaria nun tramo de 200 metros na EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e outros 138.500 € na mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da  EP-3001 en Rebordáns.  

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva detallou hoxe que no caso da estrada entre Cerquido e Ribadelouro, para cuxa mellora a institución provincial achegará o 70% do orzamento (327.771 €) e o concello de Tui o 30% (140.473 €), trátase dun espazo moi concorrido a nivel peonil, ao ser un tramo no que se concentra a Igrexa parroquial Magdalena, o cemiterio e o centro cultural de Ribadelouro. “Queremos que esta zona que era insegura teña agora todas as garantías para as persoas”. A presidenta tamén explicou que a actuación vai dar prioridade peonil a través dunha plataforma única adaptada ao entorno, sen diferenciación de tráficos, mantendo os espazos verdes e enmarcando a contorna patrimonial con lousas de pedra. Amais, proxéctase o desvío do tráfico por unha vía municipal que bordea os equipamentos públicos e executarase unha beirarrúa na marxe dereita cun ancho de 2,5 metros. Colocaranse redutores físicos de velocidade e pasos de peóns sobreelevados, renovarase a sinalización horizontal e vertical, porase novo pavimento e novos servizos urbanos como mobiliario, árbores, iluminación e drenaxe de pluviais.

 

No que respecta á EP en Rebordáns, a presidenta detallou que a Deputación achegará o 80% do orzamento (110.800 €) e o concello de Tui o 20% (27.700 €) para mellorar a seguridade viaria e mobilidade peonil nun tramo de 155 metros da EP-3001. “Queremos mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para as persoas e vehículos” asegurou Carmela Silva, quen explicou que se vai reducir a velocidade do tráfico rodado mediante a execución de dous pasos sobreelevados e limitar a velocidade mediante a sinalización horizontal e vertical. A actuación contempla o desmonte do noiro na marxe esquerda aumentando o radio da curva ata 50 metros, o que permite a execución dunha senda de 2,5 metros de ancho pola marxe dereita. Amais, pavimentarase con novo firme o tramo e realizarase pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, nova canalización para alumeado público e telecomunicacións e novas luminarias eficientes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.