Vigo
A humanización da Hispanidade quedará rematada en outubro
O Concello acomete a segunda fase da mellora da Avenida, desta volta no tramo comprendido entre as rúas Zamora e Pintor Colmeiro. Cun orzamento de 772.000 euros, Caballero afirmou que a obra concluirá en catro meses e posteriormente o goberno que dirixe prolongará a humanización ao resto de Hispanidade.
A reforma emprendida agora dará continuidade ao modelo aplicado na primeira fase -o treito entre a Gran Vía e a rúa Zamora-, con beirarrúas de granito máis amplas, dous carrís de circulación e un de estacionamento, novo mobiliario urbano e renovación das redes de servizo, entre outras melloras.
O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, participaron onte luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra desta nova etapa da humanización da Avenida, que presenta un importe de 772.000 euros. Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa posterior, o Concello actuará sobre case douscentos metros de rúa e instalará máis de dous quilómetros de canalizacións: 250 metros de pluviais, 240 metros de saneamento, 400 metros de abastecemento de agua e 1,2 quilómetros de alumeado público, ademais da nova rede de rego.
A obra municipal contempla o transplantado do arborado alí presente, cuxo tamaño provocaba problemas á veciñanza (“daban contra os edificios”, argumentou Caballero), e se plantarán doce exemplares novos. Ademais, a Hispanidade contará con pasos de peóns accesibles, seis bancos de metro e medio de largo e outros tres máis de tres metros cada un, papeleiras, zonas de estancia e xardineiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184