Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

A hostalería de Mos crea unha asociación para ter representación propia

Un grupo integrado por 55 hostaleiros de Mos traballa na creación dunha asociación que os represente ante as administracións públicas, así o fixeron saber durante o acto institucional de homenaxe que se lles prestou dende o Concello de Mos co motivo do día da Rosa.

 

Esteban Cidanes falou en representación da hostalaría mosense e quixo destacar os duros momentos vividos durante a pandemia na que tiveron que pechar en varias ocasións debido as medidas impostas.

 

Cidanes quixo amosar o interés da unión da hostalería local para acadar obxectivos comúns do sector que xa conta con preto de 80 establecementos en todo o municipio.

 

[Img #69821]

 

Plan Municipal de Apoio á Hostalería

O Pleno de Mos aproba por unanimidade o Plan Municipal de Apoio á Hostalería cos votos a favor de todos os membros da Corporación Municipal, a moción foi presentada con carácter de urxencia a proposta da Alcaldía do Concello de Mos.


A aprobación unánime deste Plan produciuse no Pleno do mes de maio, sesión ordinaria, celebrado onte telemáticamente por videoconferencia, dada a situación de nivel máximo de incidencia por COVID-19 na que se atopa o municipio.


Na sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos, decidiuse a posta en marcha dun Plan Municipal de Apoio á Hostalería mosense. Sobre o devandito plan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que se trata dun programa que inclúe una liña de axudas para compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outra de subvencións directas aos 75 negocios do sector existentes en Mos.


A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros.


A segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros.


Entre ambas liñas o Plan Municipal repartirá un total de 100.000 euros que pretenden “facer unha contribución a supervivencia destes negocios que tan mal o están a pasar desde o comezo da pandemia e que ahora, con este novo peche a nivel local, atópanse xa desesperados, como é lóxico”, comentaba a rexedora.


A alcaldesa insistiu “na vontade de apoiar aos negocios hostaleiros con este novo plan e darlles un pulo para lograr saír desta crise derivada da COVID-19, -que en Mos se acrecenta con esta situación de nivel máximo que estamos a vivir-, e tentar recuperarse deste novo varapalo que voltan a sufrir co peche das súas portas ao público desde o sábado”.


“En momentos de crise coma estes queremos axudalos e apoialos, por iso decidimos desde a administración local mosense poñer en marcha esta ferramenta coa que queremos aportar positivismo á tan damnificada hostelería”. Concluíu Arévalo.


Cómpre lembrar que desde o Concello de Mos xa se decidira tamén o ano pasado a exención de taxas de lixo e vaos como apoio municipal polo peche temporal da hostelería e que se aplicou a iniciativa municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.