G
O DOG publica hoxe a nova orde do Bono Concilia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as escolas infantís Golfiños e Xoaniñas de Noia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou durante unha visita a dúas escolas infantís de Noia, que realizou xunto ao alcalde do concello, Santiago Freire Abeijón, que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria do Bono Concilia. Esta axuda directa, dirixida a familias que non obtiveron praza nun centro público, experimentará este ano un incremento do 10% en todos os seus tramos.
Fabiola García sinalou que as nais e pais xa poden solicitar este bono, que contará cun investimento total de 2 millóns de euros, ampliables, para atender a todo o mundo que o pida e cumpra os requisitos. Deste xeito, para un neno que vaia á escola a xornada completa con comedor, o Bono oscilará entre os 50 euros e os 275 euros ao mes.
Para solicitar esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta axuda é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.
No curso 2020/2021 máis de 1400 familias beneficiáronse deste bono. Desde o 2009 foron preto 23.000 os nenos que levan desfrutado desta axuda para o pago dunha praza nunha escola infantil.
Axuda para primeiros fillos
Esta prestación beneficia na actualidade só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos aqueles segundos fillos e sucesivos teñen o 100% da atención educativa gratis en calquera escola infantil, tanto pública como privada ou de iniciativa social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136