PONTEAREAS
A oposicion critica a suba de salario da nova alcaldesa "por decreto"
Os populares solicitaran que, a pesar da nova configuración, mantivésese o gasto actual, xa que a inicios de mandato xa se subiu un 60%
O Grupo Municipal do PP lamenta a decisión da nova alcaldesa, Cristina Fernández, que acaba de decidir por decreto, incrementar os salarios do equipo de Goberno nun momento de crise no que moitos veciños están a pasalo mal e no que o propio concello pasa polas súas horas baixas en referencia á súa situación financeira.
“A nova reestruturación realizada supuxo un incremento salarial non xustificado. O noso grupo vai votar en contra desta medida, que será levada ao próximo pleno. Non hai motivo que xustifique unha nova dedicación completa e outra parcial”, lamentan os populares.
O PP lémbralle á alcaldesa que a inicios de mandato xa se incrementou nun 60% o gasto referente a soldos do equipo de goberno. “Con estas novas decicaciones imos a unha subida do 81% se o comparamos coa corporación de 2015-2019. No ano 2015 o Goberno custaba aos pontareanos 185.000 euros e agora pasa a custar 336.000 euros anuais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.143