Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Mulleres de Tomiño intercambiarán cartas con reclusas de Cáceres

A actividade comezará a levarse a cabo tras a sinatura dun convenio coa Secretaría de Institucións Penitenciarias e pretende promover un exercicio de resiliencia para reducir os efectos negativos de estar privadas de liberdade

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (Dirección Xeral de Execución Penal e Reinserción Social) vén de dar o visto bo para asinar un convenio co Concello de Tomiño para levar adiante o proxecto piloto "PALABRAS LIBRES PARA MULLERES PRESAS".

 

A actividade, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño consistirá  nun intercambio de cartas entre mozas (a partir de 18 anos) e mulleres interesadas de Tomiño con reclusas do Centro Penitenciario de Cáceres.

 

[Img #69883]"Como institucións públicas temos que traballar para tentar mellorar a vida privada das persoas e así nace o proxecto "Palabras libres para mulleres presas", co que queremos promover o intercambio de cartas entre reclusas e o mundo exterior", explica a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez.

 

Así, tras a firma do correspondente convenio, poderá comezar o intercambio epistolar. Deste xeito, as participantes poderán ver máis aló dos muros da prisión a través dos ollos doutras mulleres. "Utilizando  palabras as persoas poden mostrar os seus sentimentos, demostrar as súas ganas de aprender, mellorar as súas habilidades sociais, adestrar a súa empatía, estrear unha nova amizade epistolar", comenta a concelleira, aclarando que será posible compartir fotografías, pinturas, poemas, libros, música, etc.

 

O proxecto pretende promover un exercicio de resiliencia para reducir os efectos negativos a nivel psicosocial de estar privada de liberdade. "Nesta época de pandemia mundial na que estivemos confinadas é máis fácil empatizar coa situación das persoas privadas de liberdade, cumprindo así outro dos obxectivos da iniciativa; sensibilizar á sociedade sobre este colectivo", apunta Rodríguez.

 

Este intercambio de cartas é unha estratexia que busca moito máis que a lectura e a escritura a partir dunha verdadeira necesidade comunicativa. Traballar en conxunto os xuízos e prexuízos desde un punto de vista crítico a través da creatividade, a comunicación e a literatura. promover unha mellor reinserción social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.