TURISMO
Chega o aluguer de piscina por horas para estar “como na casa”
A piscina Sumatra en Mos está dispoñible para ser alugada por familias ou grupos reducidos.
Aínda queda lonxe a posibilidade de pasar as nosas vacacións nun dos destinos máis desexados pero, mentres tando, comeza a ser tendencia o alugueiro de piscinas privadas para gozar do verán e escapar así dos días máis calorosos do ano.
Unha empresa de Mos ofértanos a posibilidade ter un momento de relax nunha leira privada con piscina, terraza e salón para eventos familiares ou de empresa.
A idea non é nova, o alugueiro de pisicinas privadas púxose de moda o ano pasado, na era Covid e desde entón a demanda non parou de crecer.
Para este verán Zen Suite & Garden xa ten dispoñible as súas instalacións que poden ser alugadas total ou parcialmente, desta forma todos aqueles que non teñan piscina propia na casa ou que reneguen das públicas poden pasar un tempo de lecer nun espazo privado e especialmente deseñado con todas as comodidades necesarias.
Menos de 10 euros por persoa
Actualmente existen plataformas en España que dispoñen dunhas 300 piscinas en alugueiro cun prezo medio que rolda os 150 euros para acceder a unha instalación particular. En Zen Suite & Garden dispoñen dunha leira coa piscina "Sumatra" e solarium por menos de 10 euros por persoa, a partir de 59 euros máis IVE por medio día. A xornada completa de 10 horas está nos 124 euros para 6 persoas, un custo alcanzable tendo en conta a exclusividade, privacidade e a súa localización.
Estas instalacións contan con aparcadoiro propio vixiado, servizos adaptados, recepción, consigna para equipaxes, ou mesmo o alugueiro de toallas ou mobiliario para facer máis cómoda a estancia do cliente. Opcionalmente teñen dispoñibles outros espazos como a sala polivalente TAO ou a súa terraza BALI con grelladas dispoñibles para quedar a comer, merendar ou cear.
Seguridade
As instalacións contan con protolcolos de hixiene e seguridade anti covid para os usuarios e o persoal. A desinfección e limpeza realízase con produtos aprobados e a empresa facilita xel hidroalcoholico e máscaras de balde ao Cliente Anfitrión e aos seus invitados. O espazo esta pensado para grupos reducidos ou pequenas reunións familiares que deberán de cumprir en todo momento as medidas vixentes en canto ao aforo e restricións.
A calidade da auga de baño tamén está garantida, para iso analízase periodicamente nun laboratorio acreditado e todos os días realízanse controis de calidade. Ademais realízanse as pertinentes desinfeccións de mobiliario e zonas comúns para ter as instalacións en perfecto estado.
Máis información www.zensuitegarden.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217