SALCEDA DE CASELAS
O PP critia os "dous anos de goberno máis caro" en Salceda de Caselas
Chegados ao ecuador da lexislatura os populares de Salceda fan balance dos dous anos de mandato da coalición MS-PSOE, caracterizados por "moito autobombo e pouca xestión"
O Partido Popular fixo balance dos dous primeiros anos de mandato do Goberno municipal "máis caro e de peor xestión" de Salceda. Como salientou o voceiro popular Santiago Rodríguez, "o bipartito PSOE-Movemento Salceda é o Goberno máis caro de Galicia, tendo en conta o orzamento e poboación, cun custe para os veciños e veciñas de 260.000 euros ao ano que non se traduce nin en xestión nin en feitos".
"Chegados ao ecuador da lexislatura quedou demostrado que o primeiro e único obxectivo do bipartito é manterse no poder", sinalou Rodríguez, "Valéndose dun pacto de goberno in extremis ao que non tivo acceso ninguén, impuxeron a Salceda un goberno caracterizado pola opacidade, o talante pouco ou nada democrático coa oposición e coa veciñanza, a prepotencia e a ausencia de proxectos propios".
E é que, segundo sinala o voceiro, "os grandes logros dos que alardea o bipartito responden a melloras en infraestruturas e equipamentos acometidos pola Xunta de Galicia, tales como, o novo Centro de Saúde, a senda peonil e ciclista, a ampliación do CEP Altamira, o saneamento ou a futura ampliación do IES Pedras Rubias e implantación do bacharelato no municipio".
"Gabarse do traballo alleo é o único xeito de maquillar ante a veciñanza a realidade da súa nula xestión", continúa Santiago Rodríguez, "Unha realidade que pasa por centos de miles de euros en sentenzas xudiciais que seguen a gañar os traballadores municipais, unha RPT aprobada con todos os sindicatos e o 95% da plantilla municipal en contra, sen noticias do PXOM e unha falta de dilixencia e planificación que os leva a deixar de prestar servicios, como o da piscina municipal que pechará este verán por non executar as obras no inverno".
O popular destacou tamén "a nefasta xestión ecónomica do bipartito, que está a incrementar a débeda municipal, hipotecando o futuro do Concello". "A coalición MS-PSOE gastou un 40% máis do orzamento do que dispón", apuntou, "Continúan endebedando o Concello e castigando aos provedores con tempos de espera para cobrar dificilmente xustificables. Tan só no ano 2020 deixaron 1.952.000 euros en facturas sen pagar".
Os populares critican a "vergoñenta" posta en escena socialista aproveitando o acto de investidura da nova rexedora, ao que á veciñanza non puido asistir
"En definitiva, dous anos de moito autobombo e pouca xestión", conclúe o voceiro, destacando que, "frente a esta coalición que demostrou que o seu proxecto pasa por defender os seus intereses partidistas e persoais, o Partido Popular seguirá facendo unha oposición constructiva defendendo os intereses de Salceda e dos salcedenses".
A "normalidade democrática do PSOE: un pleno de investidura só para cargos socialistas"
"Un claro exemplo do desprezo á participación veciñal do Goberno PSOE-MS foi o acto de investidura da nova Alcaldesa socialista, Verónica Tourón" sinalan engadindo que "foi unha vergoñenta posta en escena do PSdeG pechada á veciñanza de Salceda", lamenta Santiago Rodríguez, "Asistimos con estupor a un mitin do partido socialista do que non se permitiu participar aos veciños e veciñas do pobo. Un `pleno´ ao que había que entrar coa tarxeta de convite do PSOE e ao que tan só puideron asistir cargos socialistas".
"E é que, a nova Alcaldesa por imposición, que non por votos, comeza o seu mandato do mesmo xeito, impoñendo. Así, foi a rexedora quen impuxo a hora e día do pleno impedindo que dous concelleiros populares puideran asistir por motivos de traballo e maternidade e asegurando que o limitado aforo do auditorio estivese copado por cargos do seu partido".
"Tourón retomou os plenos presenciais tras a pandemia para recibir por todo o alto a Gonzalo Caballero", sinala o voceiro, "Certo é que teñen cousas en común, como ser a terceira forza política en canto a votos e escanos, un en Galicia e outra en Salceda".
"Pechar as portas á oposición e á veciñanza , iso é o que entenden por `exemplo de normalidade democrática´ ", continúa o voceiro, "Intentaron impedir que votásemos no pleno e negáronnos a oportunidade de intervir por medo a que lle sacásemos as cores diante do seu xefe de filas. Nin sequera se dirixiu ao noso grupo ao remate do seu discurso nun xesto de absoluto desprezo aos 2.273 veciños que representamos directamente".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11