Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Martes, 22 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta semana outros seis obradoiros online

Ata o 24 de xuño o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre optimización de anuncios de aloxamentos e experiencias en Airbnb, Onshape, vídeo márketing, Prestashop e Google Adwords

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a optimización de anuncios de aloxamentos e experiencias en Airbnb, debuxo con Onshape, vídeo márketing, creación de tendas en liña con Prestashop e creación de campañas con Google Adwords.

 

Este martes 22 impartirase o obradoiro “Optimización de anuncios de aloxamentos en Airbnb”, a cargo de Carla Moreno, market manager dos aloxamentos Airbnb en España e Portugal; e, a continuación, “Debuxo con Onshape, Assembly I”, da man do experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D Manuel Freire.

 

O mércores 23, cita para “Optimización de anuncios de experiencias en Airbnb”, impartido por Federica Petruccio, market manager das experiencias Airbnb de España e Portugal; e para “Vídeo márketing I – Contido audiovisual, a última tendencia”, con Lara Taboada, experta en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Xa pola tarde, volverá Lara Taboada con “Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa”.

 

Para finalizar a semana, o xoves 24, será a quenda de “Introdución a Google Adwords” a cargo María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa, quen introducirá os conceptos básicos de Google Ads para crear unha campaña de xeito adecuado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.