Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 26 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

BNG, GañaMós e PSOE presentan unha declaración conxunta sobre o Día do Orgullo LGTBI

As tres forzas van propoñer que o texto sexa lido, antes do inicio da sesión, como declaración institucional da corporación

O próximo luns, 28 de xuño, é o Día Internacional do Orgullo LGBTI, unha conmemoración que este ano coincide coa celebración do pleno mensual ordinario do Concello de Mos. Por este motivo, os tres grupos municipais da oposición, BNG, GañaMós e PSOE, presentaron conxuntamente unha proposta de declaración institucional de apoio aos dereitos LGTBI e en contra da discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero. As tres formacións políticas confían en que o texto reciba o apoio unánime de toda a corporación para ser lido antes do inicio da sesión.

 

O portavoz do BNG no Concello, Gustavo Barcia, lembra que “o Día do Orgullo non é só un día de celebración para o colectivo LGTBI, senón tamén unha xornada para reivindicar a dignidade de todas as persoas na súa pluralidade e diversidade”. O texto remitido á corporación pon de manifesto a necesidade de que as institucións públicas defendan “o dereito de toda a cidadanía a vivir unha vida plena, sen atopar no camiño ningún tipo de obstáculo na igualdade de trato e de oportunidades, discriminación ou impedimento para a autodeterminación persoal”. Do mesmo modo, recóllese unha condena explícita dos delitos de odio, “unha agresividade explícita á que hai que sumar unha violencia invisible que xera rexeitamento e medo”.

 

Facer fronte ao odio

Gustavo Barcia sinala que “aínda queda moito camiño por percorrer” nun momento en que paises da chamada Europa democrática, como Polonia ou Hungría, están a aprobar leis para criminalizar e perseguir ao colectivo LGTBI. “Non é preciso saír do Estado Español, onde practicamente a diario coñecemos noticias de ataques homofóbicos”, indica o concelleiro, que lamenta que haxa “partidos como Vox, que dende as tribunas dos parlamentos lanzan mensaxes de odio e todo iso co silencio cómplice do Partido Popular”. Ante o discurso intolerante da extrema dereita, o BNG reafirma e reforza o seu compromiso coa igualdade e a diversidade “sen dar un paso atrás”. Tal como indica Barcia, “para facer fronte ao seu odio, nós poñeremos dignidade, respecto e confraternidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.