Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 27 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal recibe aos piragüistas olímpicos Pablo Martínez e Cayetano García

O Concello celebrou unha recepción na que os deportistas estiveron arroupados por familiares e veciñanza. Martínez, rosaleiro de sentimento e con raíces nas Eiras, e o seu compañeiro competirán na categoría C2-1000 m en Tokio

Emotiva recepción no Concello do Rosal aos piragüistas olímpicos Pablo Martínez Estévez e Cayetano García de la Borbolla Yaque, dous deportistas moi novos que o vindeiro mes de agosto estarán competindo nos Xogos Olímpicos de Tokio na categoría C2-1000 m. Arroupados por familiares e veciños e veciñas das Eiras, de onde é orixinaria a familia de Pablo Martínez, ambos os dous deportistas foron atendidos pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que lles fixo entrega dun pequeno agasallo composto por produtos locais.  


Aínda que nado en Sevilla, Pablo Martínez é rosaleiro de sentimento e de corazón. Os seu avó paterno, David Martínez, e a súa nai, Isabel Estévez, son naturais das Eiras, a onde continúan moi ligados. Con vivenda nos Picóns de Riba, a familia de Pablo volvía sempre que podía ao Rosal. Nestas frecuentes estancias de semanas ou  incluso meses na época estival naceu unha estreita relación do piragüista con deportistas do Kayac Tudense, a onde segue acudindo a adestrar e onde conserva moitos amigos e compañeiros. Na súa vida deportiva tamén está moi ligado a Galicia, xa que participou en numerosas probas celebradas na comunidade autónoma e permaneceu concentrado nos últimos meses coa selección nacional  en Castrelo de Miño.


Dende o Concello desexámoslles a estes dous novos deportistas moita sorte de cara a cita olímpica e agradecemos a grande implicación e o apoio da veciños e veciñas das Eiras a estes dous piragüistas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.