Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 28 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Noé Pérez gañador do Concurso de Frases do día do orgullo LGTBI+ de MOS

O mozo Noé Pérez Lago de 15 anos, natural da parroquia de Pereiras e gañador do Concurso de Frases conmemorativa do día do orgullo LGTBI+ foi hoxe o encargado de ler a declaración institucional da corporación de Mos, no  pleno ordinario do mes de xuño.

 

Todos os grupos políticos integrantes da corporación de Mos; Partido Popular, Partido Socialista, BNG, GAÑAMOS e os concelleiros non adcritos, Verónica Costas e Roman Gonzalez; presentanron unidos dita declaración en apoio aos dereitos das persoas do colectivo LGTBI.

 

Mediante este manifesto a administración local mosense declara a sua defensa e apoio aos dereitos das persoas do colectivo LGTBI e a que poidan desenvolver unha vida plena e en liberdade. Mostran así a sua repulsa máis absoluta e tolerancia cero ante os delitos de odio por calquera motivo de orientación sexual. Declaran que todos somos iguais en dereitos, "pero non somos seres uniformes en sociedade". Ser consciente diso abre as portas a un mundo de respecto e confraternidade.


"Dende as institucións públicas debemos reafirmar o dereito de todo cidadán a vivir unha vida plena, sen atopar no camiño ningún tipo de obstáculo na igualdade de trato e de oportunidades, discriminación ou impedimento para a autodeterminación persoal" manifesta tamén a declaración municipal.

 

O CONCURSO
Foron moitas e moi diversas ás expresión reivindicativas presentadas ao Concurso de Frases conmemorativas do Día do Orgullo LGTBI+ do que rematou o plazo de presentación o pasado 23 deste mes de xuño.

 

A frase gañadora está xa  exposta dende onte e ata o 2 de xullo nas pantallas da Fonte da rotonda das Angustias en Sanguiñeda.

 

Os criterios de valoración que se tiveron en conta á hora de ditaminar o fallo do concurso, foi que deberán ter coherencia entre; significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo e que non precise explicación.


Entre as moitas consignas presentadas, destacan algunas como:  
“Por ti por mi por todos vivan los colores”, “Mos un arcoiris de amor”, “Non te ignores. Contamos tod@s”, “A libertade de ser quen e como somos”, “Amar non ten xénero”, “Mos libre, espírito e corazón”, “Liberdade+Tolerancia+Respeto”, “A vida é túa. Vívea en Mos”, “Orgullo de Ser, Orgullo de Estar” …  

 

A frase gañadora foi a do mozo, Noé Pérez Lago de 15 anos, natural da parroquia de Pereiras  co slogan  “NON AMA RARO, AMA! SOMOS MOS”.

 

Tamén no pleno de hoxe, o concelleiro e voceiro do grupo municial de GañaMós Román González  abandonou o seu grupo para pasar a formar parte do grupo de non adscritos.

 

"Esta é unha das decisións máis importantes e dolorosas que tiven que tomar nos últimos anos", apunta Román, "Pero totalmente necesaria para desenvolver a miña labor como representante de todo o conxunto da veciñanza de Mos". O que fora cabeza de lista da formación nas últimas eleccións explicou que esta decisión está baseada "na incompatibilidade coa forma que teño, e quero facer política dentro da corporación". “O desgaste persoal ao que estiven sometido estes últimos meses, polo mero feito de ofrecer unha maneira diferente de facer política, por ofrecer alternativas diferentes de traballo e querer ofrecerlle á veciñanza alternativas reais para mellorar o ben común, fan inviable esta convivencia, polo que estou convencido que o mellor para todas e todos é que eu dea este paso". Se ben deixa o grupo municipal, Román González continúa a ser voceiro local e provincial de Podemos.

 

A corporación presentou no pleno de hoxe unha  MOCION DE REPULSA E CONDEA DOS ACTOS VANDÁLICOS PRODUCIDOS NO CONCELLO DE MOS, tras que o concelleiro Román González deixase o grupo municipal de Gañamos para pasar a o non adscritos.

 

Con motivo dos actos vandálicos acaecidos na madrugada do pasado xoves dia 17 de xuño ao Venres día 18, consistentes en pintadas na vivenda de propiedade do concelleiro Román González Garrido, os grupos políticos integrantes da Corporación Municipal mosense, Partido Popular, GañaMos, Asamblea Veciñal, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e concelleiros non adscritos, presentarón unha moción conxunta de repulsa e condena de ditos actos na que expresan a firme condena  ós actos vandálicos mencionados,  e rexeitan de modo absoluto a súa realización, manifestando que as actitudes de esta natureza non teñen cabida no sistema democrático.


Comunican así a súa solidariedade co afectado polos ataques na sua propiedade privada e manifestan que a tolerancia, o respecto e a liberdade de opinión deben ser valores imperantes no noso municipio e que se tratan de fomentar dende os poderes públicos e a través dos representantes deste Concello fronte á cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.