VIGO
O alcalde valora a “viabilidade” do trazado do AVE de Vigo a Madrid por Cerdedo
O alcalde nun momento da presentación do estudo hidroxeolóxico en Vialia.
Nun acto celebrado este luns na estación Vialia, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, explicou que o estudo hidroxeolóxico recolle a “idoneidade do trazado” do AVE polo que non se prevén contraindicacións do informe de impacto ambiental. Amais, o 2 de xullo o Ministerio abre as ofertas económicas para a redacción dos proxectos construtivos da saída sur de Vigo
Abel Caballero celebra que despois de case dous anos de desenvolvemento do estudo hidroxeolóxico a conclusión é que “dá luz verde ao tren de alta velocidade no trazado Vigo-Ourense por Cerdedo; non haberá limitación pola declaración de impacto ambiental porque “é viable e será viable”, aínda que o traballo de observación debe continuar un ano máis.
“Cómpre realizar máis estudos tal e como contempla a lei, dixo o rexedor, pero “sabemos que a decisión vai ser positiva polo que hoxe máis ca nunca o tren directo Vigo-Madrid permanece máis presente ca nunca”, malia os intentos, censurou, do presidente da Xunta de Galicia “de levarnos por Santiago”. Así, agradeceu a ADIF “o empeño que pon na realización do estudo”.
Isabel Pardo de Vera, presidenta de Adif, expuxo na estación Vialia o traballo realizado dentro do estudo hidroxeolóxico que se está desenvolvendo e que confirma “a idoneidade e viabilidade do trazado, polo que é un avance máis, un requirimento máis dentro das prescricións que, en clave de sostibilidade e resiliencia no transporte ferroviario é a máxima”. Tal e como apuntou, o estudo hidroxeolóxico foi completado pero agora queda por diante un ano de traballos para completar o estudo informativo sempre en coordinación co Ministerio de Transición Ecolóxica e, dende ese momento, “tramitación e despregamento dos proxectos construtivos”.
Sergio Vázquez Torrón, secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, expuxo que dende o Ministerio “rescatamos dúas conexións que estaban en hibernación: a conexión directa con Madrid por Cerdedo e a Saída Sur de Vigo, que facemos polo convencemento propio de conectar unha rexión periférica co corazón da Península e de Europa porque cremos no potencial de Galicia e de Vigo. Estamos dando pasos firmes”.
Segundo explicou, o obxectivo principal do Ministerio con respecto ao AVE é actualizar o estudo informativo anterior cos axustes de trazado demandados no seu momento e asumindo os novos requisitos que este estableza. O estudo informativo será a base para tramitar a información pública, realizar as consultas a outras administracións e solicitar a declaración de impacto ambiental.
Ademais, Vázquez Torrón informou do desenvolvemento do estudo de alternativas da saída ferroviaria do sur de Vigo, “vital para a cidade”. Así, apuntou que o vindeiro 2 de xullo, se realizará a apertura das ofertas económicas para a redacción do estudo que permitirá abordar a continuidade do Eixo Atlántico cara Portugal e a concentración de tódolos servizos ferroviarios na estación Vialia. Lembrou tamén que o 16 de xuño, España e Portugal mantiveron un encontro para abordar esta cuestión e trasladou o interese de España por “potenciar a conexión Vigo-Oporto; a conexión con Portugal é relevante para o Ministerio”.
O alcalde tamén valorou que o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vazquez Torrón ratificase a saída sur de Vigo e lembrou que é posible facela porque “cando cheguei á alcaldía pedín que a entrada fose en túnel para poder facer a saída sur, que sería imposible no caso de que se fixese en superficie a entrada do tren en Vigo, tal e como estaba previsto sendo Feijóo conselleiro de Fomento no goberno de Fraga.
O alcalde nun momento da presentación do estudo hidroxeolóxico en Vialia.Abel Caballero celebra que despois de case dous anos de desenvolvemento do estudo hidroxeolóxico a conclusión é que “dá luz verde ao tren de alta velocidade no trazado Vigo-Ourense por Cerdedo; non haberá limitación pola declaración de impacto ambiental porque “é viable e será viable”, aínda que o traballo de observación debe continuar un ano máis.
“Cómpre realizar máis estudos tal e como contempla a lei, dixo o rexedor, pero “sabemos que a decisión vai ser positiva polo que hoxe máis ca nunca o tren directo Vigo-Madrid permanece máis presente ca nunca”, malia os intentos, censurou, do presidente da Xunta de Galicia “de levarnos por Santiago”. Así, agradeceu a ADIF “o empeño que pon na realización do estudo”.
Isabel Pardo de Vera, presidenta de Adif, expuxo na estación Vialia o traballo realizado dentro do estudo hidroxeolóxico que se está desenvolvendo e que confirma “a idoneidade e viabilidade do trazado, polo que é un avance máis, un requirimento máis dentro das prescricións que, en clave de sostibilidade e resiliencia no transporte ferroviario é a máxima”. Tal e como apuntou, o estudo hidroxeolóxico foi completado pero agora queda por diante un ano de traballos para completar o estudo informativo sempre en coordinación co Ministerio de Transición Ecolóxica e, dende ese momento, “tramitación e despregamento dos proxectos construtivos”.
Sergio Vázquez Torrón, secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, expuxo que dende o Ministerio “rescatamos dúas conexións que estaban en hibernación: a conexión directa con Madrid por Cerdedo e a Saída Sur de Vigo, que facemos polo convencemento propio de conectar unha rexión periférica co corazón da Península e de Europa porque cremos no potencial de Galicia e de Vigo. Estamos dando pasos firmes”.
Segundo explicou, o obxectivo principal do Ministerio con respecto ao AVE é actualizar o estudo informativo anterior cos axustes de trazado demandados no seu momento e asumindo os novos requisitos que este estableza. O estudo informativo será a base para tramitar a información pública, realizar as consultas a outras administracións e solicitar a declaración de impacto ambiental.
Ademais, Vázquez Torrón informou do desenvolvemento do estudo de alternativas da saída ferroviaria do sur de Vigo, “vital para a cidade”. Así, apuntou que o vindeiro 2 de xullo, se realizará a apertura das ofertas económicas para a redacción do estudo que permitirá abordar a continuidade do Eixo Atlántico cara Portugal e a concentración de tódolos servizos ferroviarios na estación Vialia. Lembrou tamén que o 16 de xuño, España e Portugal mantiveron un encontro para abordar esta cuestión e trasladou o interese de España por “potenciar a conexión Vigo-Oporto; a conexión con Portugal é relevante para o Ministerio”.
O alcalde tamén valorou que o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vazquez Torrón ratificase a saída sur de Vigo e lembrou que é posible facela porque “cando cheguei á alcaldía pedín que a entrada fose en túnel para poder facer a saída sur, que sería imposible no caso de que se fixese en superficie a entrada do tren en Vigo, tal e como estaba previsto sendo Feijóo conselleiro de Fomento no goberno de Fraga.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149